viernes, 24 de abril de 2015

Premio Cervantes 2014

Ola amiguiños!!


Como ben sabedes todos, coincidindo co Día do Libro, ten lugar a entrega do que podemos considerar o Nobel da Literatura en Lingua Castelá: o Premio Cervantes. Nesta ocasión, tan prestixioso e recoñecido premio recaeu na figura do novelista español Juan Goytisolo, nado en Barcelona o 5 de xaneiro de 1931.



Para que poidades coñecer algo máis sobre a súa vida e obra aquí vos deixamos unha pequena biografía desta gran figura da literatura española elaborada polo Instituto Cervantes.

PULSAR AQUÍ

Igualmente, aquí vos deixamos o discurso pronunciado por este célebre escritor durante o acto de entrega do Premio Cervantes. Un RUXI - SAÚDO a todos!!

PULSAR AQUÍ

Día do Libro 2015

Ola amiguiños!!

Este ano, unha vez máis, un día tan especial para todos os amantes da lectura como é o Día do Libro tivo un protagonismo especial no noso colexio. Nesta ocasión, para celebrar tan importante data, os nenos e nenas do colexio estiveron traballando desde distintas perspectivas un conto por todos coñecido como é Hansel e Gretel. Así, leváronse a cabo sesións de lectura, elaboracións de relatos, realización de manualidades, exposicións de libros... tomando como centro este famoso conto clásico. 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes para lembrar o que fixemos!!

Un RUXI - SAÚDO a todos!!