lunes, 17 de febrero de 2020



O alumnado axudante da biblioteca xa ten preparada a CITA A CEGAS CUN LIBRO.
A cegas porque collemos os libros sen saber que hai no seu interior: aventuras, misterio, amor, amizade?
Toda unha sorpresa!
O AMOR está no aire no Ruxidoiro, amor polos libros!

            Noraboa aos axudant@s polo traballo!

ESTAMOS DE ESTREA!

Seguimos coas xornadas adicadas á inauguración da nosa biblioteca.
Hoxe tocoulles ao alumnado de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.
Os protagonistas para cortar a cinta foron dúas nenas de 6º de Infantil. 
Que ben o fixeron!

Para inaugurar a biblio ao grande visitounos Pablo Nogueira cunha contada dos seus libros "Nube Branca quere ser astronauta" e "A banda de Raimunda". Mirade o decorado que prepararon os voluntarios e voluntarias de 6º. Ademais o alumnado de 6º de Educación infantil prestounos o seu mural dos Planetas. 
Maiores e pequechos xuntos, 
un gran traballo en equipo!

Os grupos de 1º, 2º e 3º de primaria decoraron estas guitarras para a banda de Raimunda con moito arte, non si?


 Unha pequena mostra da contada con Pablo. 
Que ben o pasamos!



Para rematar esta xornada de inauguración, quixemos agradecer a visita altruista de Pablo Nogueira cun agasallo: un retrato feito pola mestra Josefa Fernández, titora de 5ºA. Quedamos abraiados! 


LEMBRADE!
Nube Branca quere ser astronauta e A banda de Raimunda están esperando por vós nos andeis da biblio.



viernes, 14 de febrero de 2020

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA!



E chegou o GRAN DÍA! Todos e todas estabamos moi ilusionados coa apertura da nova biblioteca. 
Despois de meses de duro traballo, adicaremos varios días a inaugurar este máxico espazo que será o eixe central de todas as actividades do centro.
Dous alumnos voluntarios de sexto, Adrián e África, cortaron a cinta para a apertura da biblioteca. 

Comezamos coa visita de Magín Blanco, o venres 14 de febreiro, para o alumnado de 4º, 5º e 6º, ainda que tamén fixo unha paradiña co alumnado de infantil que quedou abraiado coas súas cancións.


                                 Todo preparado para comezar!



"Todos somos capitáns"
Continuaremos coas xornadas de inauguración o vindeiro luns, 17 de febreiro, coa visita de Pablo Nogueira que nos contará "Nube branca" e "A banda de Raimunda" ao alumnado de infantil, 1º,2º e 3º.
E, o 3 de marzo, contaremos con Susa Herrera para o alumnado de infantil a 4º de primaria.


Se queredes ler e escoitar os libros de Magín, 
vinde á nosa biblioteca!








sábado, 1 de febrero de 2020

NENAS, NENOS, MAMÁS, PAPÁS, MESTRAS E MESTRES, PRESTADE ATENCIÓN!


PRESENTAMOS AOS NOVOS AXUDANT@S DE BIBLIOTECA!
AINHOA, SABELA S., IRIA, LUCÍA E SABELA P.

DANIEL, BREOGÁN, DANIEL, LUCÍA E XURXO

VICTORIA, UXÍA, IAGO, CARMEN E ÁFRICA

CANDELA, ÓSCAR, PABLO, XIAN E ADRIÁN