miércoles, 29 de mayo de 2013

Día de Festival

Ola amiguiños!!

Mañá vai ser unha xornada moi especial xa que, seguindo coas actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas, no colexio celebraremos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2013.

Nel participarán nenos de tódolos cursos con actuacións nas que o galego, a nosa lingua, cobrará un papel protagonista. Teremos TEATRO, BAILES E DANZAS, REPRESENTACIÓNS INSTRUMENTAIS, CANTIGAS, RAP... e moitas e divertidas sorpresas.

Para que vos fagades unha idea, aquí vos deixamos o programa do Festival. Agardamos que acudades todos e que disfrutedes moito desta xornada tan festiva.

Un RUXI - saúdo!!




lunes, 27 de mayo de 2013

Descubrindo Aquis Querquennis

Ola amiguiños!!

Hai uns días, os nosos compañeiros de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de realizar unha interesante viaxe no tempo e é que, durante unhas horas, puideron trasladarse ata a vida dun antigo poblado romano. Sí, sí... de verdade que sí!!

Pero para iso non tiveron que empregar ningunha máquina do tempo nin aparello semellante. Só fixo falta viaxar ata Bande para coñecer as ruinas de AQUIS QUERQUENNIS, un antigo campamento no que moraron auténticas lexións romanas e que se atopa situado nas beiras do río Limia medio afundido no pantano Das Conchas.

Agardamos que disfrutarades da viaxe e, para todos aqueles que non puidéstedes ir, aquí vos deixamos un video no que vos podedes facer unha idea aproximada do que poderedes atopar si decidides visitala.

Un RUXI - saúdo!!





Lembrando a Celso Emilio Ferreiro

Ola amiguiños!!

Como ben lembraredes, hai uns meses celebrouse o Día de Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, coincidindo co centenario do seu nacemento.

Pois ben, os alumnos de 6º realizaron naquel momento tarefas de investigación acerca de esta importantísima figura da literatura galega. Froito daquel traballo, unido á formación destes alumnos en novas tecnoloxías, nace a seguinte proposta audiovisual realizada por EIRA e ALDARA sobre o seu coñecido poema MORAIMA proposta audiovisual que, dende a biblioteca escolar, desexamos compartir con todos vós.

Sentádevos cómodamente e disfrutade deste espléndido traballo realizado polas nosas compañeiras EIRA e ALDARA. Noraboa rapazas!!!

Un RUXI - saúdo!!


jueves, 23 de mayo de 2013

Éxito de público e crítica!!

Ola amiguiños!!

Tal e como vos informamos en datas pasadas, o Grupo de Teatro do CEIP "O Ruxidoiro" acudiu ao certame teatral de Bande para estrear a súa obra "AO DOUTOR ALONSO MARÉANO"  .
 
Segundo a crítica do público que puido ver a obra e mais dos máis expertos teatrais do momento, a obra só pode calificarse como EXTRAORDINARIAMENTE DIVERTIDA, MAGNÍFICAMENTE INTERPRETADA e FANTÁSTICAMENTE DIRIXIDA.
 
Dende aquí so nos queda decirvos.... NORABOA ARTÍSTAS!! Gracias por extender a semente do teatro e maila interpretación por todos e cantos se puideron deleitar co voso traballo.
 
Un RUXI - saúdo!!

Teatro Lido "Roberto Vidal Bolaño"

Ola amiguiños!!

Como xa vos adiantamos días atrás, outras das actividades que programamos desenvolver nas dúas semanas seguintes ao Día das Letras Galegas celebrado o día 17 de maio consistía nunha xornada de Teatro Lido de Diferentes Fragmentos de Obras de ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

Nesta ocasión, foron os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria os que encargaron de acercar a figura deste dramaturgo aos seus compañeiros de Educación Infantil por medio pequenos retais de obras moi coñecidas de Vidal Bolaño.
 
Agardamos que tanto pequenos como maiores disfrutaran desta experiencia e se enriquecerán mutuamente gracias a ela.
 
Un RUXI - saúdo!!
 
 

Apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Día 3

Ola amiguiños!!

Onte tivemos a terceira e última xornada de apadriñamentos e amadriñamentos lectores, aínda que vendo o éxito que tiveron moi seguramente non serán as últimas.
 
Nesta ocasión os destinatarios das historias e contos preparados polos alumnos de 6º de Educación Primaria foron os nosos estudiantes máis pequechiños: os nenos e nenas de 3 aniños de Educación Infantil.

A verdade é que quedaron encantados coas historias que lles contaron e, se non o credes, mirade que atención prestaban e que cariñas de curiosidade amosaban.

Un RUXI - saúdo!!


Que doce arrecendo!!!!!!!



Ola amiguiños!!

Está a piques de saír do forno o noso suculento LIBRO DE POEMAS ILUSTRADOS EN GALEGO

Si, si... se vos concentrades poderedes notar como xa chega ata nós o seu doce arrecendo. Permanecede atentos porque en nada, poderedes degustar este suculento manxar, propio dos paladares máis exquisitos xa que a orixinalidade, creatividade e imaxinación dos seus autores (nenos e nenas do CEIP "O Ruxidoiro") non ten fin.

Un RUXI - saúdo!!

miércoles, 22 de mayo de 2013

Apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Día 2

Ola amiguiños!!

Onte fixo moi bo día. Un sol esplendoroso ficaba no máis alto do ceo e para celebrar a segunda xornada de apadriñamentos e amadriñamentos lectores pensamos que sería unha gran idea sairmos ao aire libre e disfrutar do bo tempo á vez que dunha boa historia. 

Así, os nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Educación Primaria non dubidaron en levar aos alumnos e alumnas de 4 anos de Educación Infantil para o patio, para a horta, para os porches cubertos... e trasladalos a un mundo de imaxinación e fantasía cos fermosos contos que prepararon para eles.

Agardamos que tamén os nenos e nenas de 4 anos disfrutaran da experiencia e que, cando vexan a algún compañeiro seu de 6º de Educación Primaria non dubiden en agradecerlles esta fermosa experiencia.

Un RUXI - saúdo!!


martes, 21 de mayo de 2013

Apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Día 1

Ola amiguiños!!

Seguramente os que onte andivéstedes polo colexio vos estrañariades moito ao ver grupiños de nenos e nenas de Educación Infantil polas escaleiras, nos pasillos, ou na biblioteca mirando e escoitando totalmente ensimismados todo aquelo que lles contaban compañeiros e compañeiras de 6º de Educación Primaria. Que raro, nos vos parece?

Pois ben, todo isto ten unha explicación moi sinxela, e é que onte comezaron os apadriñamentos e amadriñamentos lectores, nos que os compañeiros e compañeiras de 6º deleitaron aos nenos e nenas de 5 anos con fermosas historias, con intrépidos contos e con fantásticas aventuras que previamente prepararon para ser por eles narradas.

Agardamos que vos gustase a experiencia e, xa sabedes, se vos atopades con algún compañeiro ou compañeira de 6º non dubidedes en dárllelas gracias por transmitirnos a maxia dos contos. 

Un RUXI - saúdo!!


lunes, 20 de mayo de 2013

Semana das Letras Galegas

Ola amiguiños!!

Estas próximas 2 semanas continuaremos coas actividades vinculadas ao Día das Letras Galegas celebrado o pasado 17 de Maio. As actividades programadas para os vindeiros días serán as seguintes:

APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES

- Día 20 de maio: 5 anos A e B
- Día 21 de maio: 4 anos A e B
- Día 22 de maio: 3 anos A e B

XORNADAS DE TEATRO

- Teatro lido para Educación Infantil: 22 de maio
- Teatro e actividades para Educación Primaria: 29 de maio
- Teatro para Pais e Nais: 30 de maio

Como podedes ver, a oferta proposta e ampla e ven a completar ao resto de actividades xa desenvoltas durante os días previos ao 17 de maio. Agardamos que todos disfrutedes delas. Un RUXI - saúdo!!

martes, 14 de mayo de 2013

Rindo, disfrutando, imaxinando

Ola amiguiños!!

Onte foi unha xornada verdadeiramente divertida na que, seguindo coas xornadas de contacontos en galego que estamos a levar a cabo coincidindo coa celebración o próximo venres do Día das Letras Galegas, tivemos a ocasión de disfrutar co mundo de imaxinación e diversión que nos ofreceu a gran Sabela Gago.

Pequenos e maiores disfrutamos cos contos de Sabela, contos nos que os nosos propios alumnos se converteron por un momento en actores improvisados. Dende aquí, dámosche as gracias Sabela por facernos disfrutar tanto cos contos e relatos que nos agasallaches.

Un RUXI - saúdo!!



E, para que disfrutedes un pouquiño da súa actuación, aquí vos deixamos unhas perliñas:


Disfrutando dun bo conto

Ola amiguiños!!

Estes días previos á celebración do Día das Letras Galegas estamos levando a cabo na escola varias xornadas de contacontos en galego, dirixidas a todo o alumnado do noso colexio, dende os máis pequechiños de 3 anos ata os nosos alumnos máis maiores de 6º de Educación Primaria.

Nesta ocasión, o contacontos Iago López foi o encargado de sumerxir aos compañeiros de Educación Infantil nunha fantástica e divertida historia titulada "LINDA Á ESPREITA", conto do autor Alexandre Steffensmeirer.

Agardamos que disfrutarades moito con este fermoso conto!! Un RUXI - saúdo!!


lunes, 13 de mayo de 2013

Grupo de teatro do CEIP "O Ruxidoiro"

Ola amiguiños!!

Mañá será un día moi especial pois o Grupo de Teatro do CEIP "O Ruxidoiro" fará o seu debut no Certame de Teatro de Bande onde de seguro acadarán un grandísimo éxito. 

O grupo de teatro do CEIP "O Ruxidoiro" está composto por alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria quenes, baixo a dirección das profesoras Marosa e Maricarmen, se embarcaron nesta fantástica e ilusionante aventura gracias a cal, puideron disfrutar da maxia do teatro e, á vez, facernos disfrutar a todos nós con eles.

Dende aquí, queremos transmitirvos toda a nosa admiración e facervos saber que todo o colexio está moi orgulloso de vós e do voso fantástico traballo, levado a cabo durante longas horas de ensaios sacrificando moitos dos vosos recreos e horas libres. 

Seguro que mañá o faredes xenial e, de parte de todos nós, queremos desexarvos moitaaaaaa sorteeeeeee ou, como se di no mundo do teatro, moitaaaaaaaaaaaa...................!!

Un RUXI - saúdo!!

domingo, 12 de mayo de 2013

Aprendendo máis sobre Roberto Vidal Bolaño

Ola amiguiños!!

Esta semana é moi especial para todos os amantes do mundo da literatura en todas e cada unha das súas vertentes, xa que o día 17 celébrase o Día das Letras Galegas. Como xa vos adiantamos no blog fai uns días, este ano o homenaxeado será o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Para que poidades aprender máis sobre a súa figura, a súa obra e a contribución literaria deste dramaturgo aquí tendes unha compilación de ACTIVIDADES LIM creadas polo Grupo de Traballo SEMINARIOGALAN.ORG.

Escollede aquela que se adapte ao voso ciclo educativo e... a aprenderrrrrrr!!!!!!!!

Un RUXI - saúdo!!

EDUCACIÓN INFANTIL









1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA










2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA











3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA







Contos Ilustrados

Ola amiguiños!!

A semana pasada os nosos compañeiros de Educación Infantil de 5 anos puideron disfrutar dun encontro moi especial, xa que visitaron a nosa biblioteca nada máis e nada menos que Olalla González e Mark Taeger, para levar a cabo unha sesión de CONTOS ILUSTRADOS onde, a partir do título "O soño de Matías" do autor Leo Leonni, sumerxiron aos alumnos de Educación Infantil nunha viaxe a través dos contos facendo referencia a diferentes pintores contemporáneos.

Dende aquí queremos darlle a nosa máis sincera noraboa tanto a Olalla como a Mark por agasallarnos cunha xornada tan máxica na que, os contos, nos fixeron verdadeiramente disfrutar.

Un RUXI - saúdo!!


miércoles, 8 de mayo de 2013

Preparándonos para o Día das Letras Galegas

Ola amiguiños!!

O vindeiro 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano honrarase neste día a figura do dramaturgo compostelano ROBERTO VIDAL BOLAÑO (1950-2002) nun claro recoñecemento ao mundo do teatro do que foi importante figura.

Esta semana comezamos xa os preparativos para celebrar data tan especial e así, durante todos estes días tedes a posibilidade de disfrutar dunha exposición situada no hall do centro na que poderedes acercarvos a vida e obra deste gran dramaturgo galego.

Un RUXI - saúdo!!


Noraboa artistas!!

Ola amiguiños!!

Hoxe estamos de felicitacións porque dende aquí, non queremos deixar pasar a ocasións para darlles a nosa máis sincera noraboa aos compañeiros de 3ºA e de 3ºB xunto cos seus titores Rube e Irene pola súa participación no CORRELINGUA 2013 no que recibiron o premio á mellor pancarta dun centro de Educación Infantil e Primaria da provincia de Ourense. Por iso, se os atopades polos pasillos, ou tal vez no patio do colexio, ou ao mellor na biblioteca... non dubidedes en felicitalos vós tamén.

Noraboa rapaces... estades feitos uns verdadeiros artistas!!

Un RUXI - saúdo!!


lunes, 6 de mayo de 2013

Disfrutando do teatro: "DESCONTANDO CONTOS"

Ola amiguiños!!

O pasado venres día 3 de maio os nosos compañeiros de 2ºA e 2ºB tiveron a sorte de disfrutar dunha fantástica xornada de teatro no Salón de Actos da Escola Municipal de Artes Escénicas de Ourense a cargo do GRUPO DE TEATRO "CARDENAL CISNEROS" de Ourense.

A obra, que levaba por título DESCONTANDO CONTOS, acercou aos nosos alumnos a unha visión moi creativa, orixinal e cargada de humor de cinco contos clásicos por todos coñecidos: A Carrapuchiña Vermella, Cincenta, Brancaneve e os tres ananiños, a Bela Adormecida e o Baile da Raíña.

Dende aquí a nosa máis sincera noraboa a este grupo de teatro por arrincarnos a todos un sorriso e por facernos experimentar a maxia do teatro e, para todos os que non puidéstedes acudir aquí vos deixamos a actuación completa.

Un RUXI - saúdo!

OBRA COMPLETA


miércoles, 1 de mayo de 2013

Menudos artistas!!

Ola amiguiños!!

O próximo día 2 de maio celebrarase en Ourense o CORRELINGUA 2013, e os vosos compañeiros de 3º participarán nesta proposta de carácter lúdico - educativo coa que se busca reivindicar o dereito a medrar en galego a través do uso do noso idioma.
 
Aquí podedes ver aos compañeiros de 3º B cos preparativos previos diseñando e traballando na pancarta que portarán. Menudos artistas!!
 
Un RUXI - saúdo!!