Comezamos en setembro de 2019 coas obras da biblioteca. Non é que non nos gustara a que tiñamos, é que xa nos quedaba pequena para os libros, para as actividades que faciamos e para os nosos momentos de lectura. Así que trasladámonos á planta principal. Todo son vantaxes: mellor acceso para todas as clases e desde a entrada, moito máis espazo, caben moitos máis libros e podemos realizar actividades de animación á lectura para varios grupos á vez.
Foron meses de moito traballo, un traslado leva o seu tempo. Grazas a todos os voluntarios e voluntarias, mestres, mestras, conserxes, administrativa e nenos e nenas, que fixeron que este proxecto se fixera realidade. Grazas tamén aos axudantes de sexto que participaron na colocación e posta en marcha da biblioteca.
A nosa nova biblioteca conta con catro espazos diferentes:
- Zona de novidades e xogos de mesa
- Zona de infantil para os primeiros lectores e lectoras
- Zona de primaria e zona de colaboracións na biblioteca
- Zona TIC cun espazo fedelleiro que aínda non está rematado pero que iremos completando no vindeiro curso.
Inauguramos a nova biblioteca ao grande: tres días de animación á lectura con Magín Blanco, Pablo Nogueiras e Susa Herrera.
Este é o resultado do traballo realizado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario