Comezamos o luns 21 cos mandados do Meco. Xa sabedes que este ano a cousa vai de piratas.
Ao abordaxe!
Comezamos o luns 21 cos mandados do Meco. Xa sabedes que este ano a cousa vai de piratas.
Ao abordaxe!
O venres 18 de febreiro reunímonos de novo o Ruxi Club para dar por rematado o libro que estabamos a ler, "O elefante dunha soa orella" de Xosé Henrique Rivadulla Corcón.
Foi unha sesion moi emotiva xa que o libro así nolo pareceu, os rapaces e rapazas falaron do que a lectura deste libro lles fixo sentir. Tamén falamos da vida e da enfermidade e de como poder afrontar e aceptar as dificultades que imos atopando polo camiño. Sen dúbida, un libro moi recomendable.
Tamén acordamos a lectura do próximo libro, será "Plan de Rescate" de Antía Yáñez.
Unha vez máis, realizamos a Cita a cegas cun libro. Os axudantes de biblioteca envolveron varios libros da biblioteca e escribiron unha pequena reseña para animar a lelos.
É unha actividade que lles encanta pois non escollen o libro pola portada, polo autor, nin siquera pola temática. Escollen o libro polas reseñas que os axudantes da biblioteca lles deixan. Ademais, coa ilusión e co entusiasmo que crea o factor sorpresa fai que aumente a participación nesta actividade.
Grazas aos axudantes da biblio polo seu esforzo e dedicación nos tempos de lecer.
O venres 11 de febreiro, na biblioteca organizamos a nosa pequena homenaxe ás mulleres científicas galegas. O alumnado de sexto de infantil e de 3ºA fixeron un experimento sobre a tensión superficial da auga:
CANTAS PINGAS DE AUGA CABEN NUNHA MOEDA?
Gustoulles tanto a experiencia que a vindeira semana repetiremos.
Ademais o alumnado de 3ºA visitaron a radio para render homenaxe a varias mulleres científicas galegas.
Velaí tedes unha pequena mostra!
O pasado venres 4 de febreiro reuniuse o Ruxi Club para retomar a lectura, nesta ocasión comezamos un novo libro, "O elefante dunha soa orella" do autor Xosé Henrique Rivadulla Corcón.
Estableceuse un calendario para as próximas reunións e, entre todos e todas, acordamos desdoblar o Ruxi Club constituíndo así dúas quendas para poder aproveitar e disfrutar máis e mellor as reunións do Club de Lectura.