domingo, 26 de febrero de 2023

Detectives en chanclas

 O pasado venres tivemos unha nova xuntanza do Ruxi Club co alumnado do Grupo 1. Como xa demos por rematado o libro anterior, nesta reunión estivemos a escoller unha nova lectura.

Despois de ler o argumento de varios libros que había dispoñibles, a rapazada decantouse polo libro de Paloma Muiña, "Detectives en chanclas".



lunes, 13 de febrero de 2023

Día Mundial da Radio

 

No Ruxidoiro celebramos este día con podcasts variados sobre medio ambiente, lecturas, noticias do cole, entroido e un moi especial que conta como é a nosa Ruxiradio

Escoitádenos nas ondas!

                                    

Como é a nosa radio?



                  

domingo, 12 de febrero de 2023

Grupo 1 do club de lectura participa no Pasapalabra

 O pasado venres, no grupo 1 do Club de Lectura rematamos a novela que estabamos a ler ¿Quieres ser el novio de mi hermana? de Maite Carranza.

Á rapazada gustoulles moito e ata houbo quen dixo que foi o libro que máis lles gustou ata o de agora.

Logo de falar sobre o libro fixéronse dous equipos, o das rapazas e o dos rapaces (decidiron entre tod@s) que xogaron ao xogo do Pasapalabra sobre a lectura, quen sería o gañad@r..?


Novas lecturas, novas aventuras

 Rematada a última novela no grupo 2 do Club de Lectura, agora tocou escoller a próxima lectura.

A decisión foi complicada, había moitas opcións, houbo debate, votacións...  por unanimidade saíu gañadora a novela de Maite Carranza "¿Quieres ser el novio de mi hermana?"




viernes, 10 de febrero de 2023

"Plan de rescate" na Radio, grupo 2

 Dous representantes do grupo 2 do Club de Lectura, ao rematar de ler a novela de Antía Yañez "Plan de rescate" animáronse a ir á radio a gravar unha pequena recomendación sobre o libro.
A Mauro Fernández e a Sara Vázquez gustoulles este libro e pensan que lles pode gustar a máis compañeiros do colexio.

Aventuras, intriga, diversidade, amizade, amor... todo esto e máis podedes atopalo nesta novela.

                                           

Preparad@s para o Entroido?

 Estamos xa a piques de comezar a nosa semana de Entroido. Seguindo o proxecto de centro de Ruxiverdece, velaí vos deixamos unhas recomendacións por un entroido máis sostible.

O noso planeta vaino agradecer!


E para comezar a troula deixamos os Mandados do Meco para a próxima semana.

FELIZ ENTROIDO!



Amor polos libros!

 Un ano máis celebramos a semana do amor polos libros coa clásica actividade "Cita a cegas cun libro".

@s axudantes da biblioteca envolven os libros con moito amor e escriben unhas etiquetas para que podades imaxinar o seu interior. 

                            Que aventuras comezaredes? 
Na biblioteca espéranvos grandes sorpresas na semana do 13 ao 17 de febreiro.


jueves, 9 de febrero de 2023

Día da ciencia da muller e da nena

 11 de febreiro: as mulleres son científicas!

Foi proclamado no ano 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

E por que credes que non coñecemos tantas mulleres científicas? 

Será porque as mulleres tiveron máis dificultades de acceso á educación? 
Algunhas ata se tiveron que disfrazar de homes para poder estudar nas universidade!

Aquí vos deixamos propostas para investigar e pescudar sobre mulleres científicas. 

Unha proposta da Universidade de Coruña:
Atrévete a pescudar!

Coñecedes o efecto Matilda? #NOMOREMATILDAS

Na biblioteca atoparedes lecturas diversas
 sobre mulleres na ciencia.
 



     


#OXÉNERONONTENTALENTO

martes, 7 de febrero de 2023

Día de enviar unha carta

Na biblioteca estamos esperando as vosas cartas
Podedes deixalas na caxa de correos na zona de xogos da biblioteca. @ axudantes da biblio encargaranse de repartilas entre outros amigos e amigas.


 

miércoles, 1 de febrero de 2023

Falamos do libro de Maite Carranza

 O grupo 1 do Club de Lectura volveuse a reunir o venres pasado na biblioteca. Alí a rapazada comentou que o libro que estamos a ler, "¿Quieres ser el novio de mi hermana?" da autora Maite Carranza estalles gustando moito.

Quedamos de rematalo para a próxima reunión.