lunes, 27 de noviembre de 2023

Isto é rock!

Seguindo o noso proxecto RuxiARTe, no que estamos a traballar sobre as súas diferentes disciplinas, este luns visitounos  Javier Becerra, periodista e escritor de diferentes títulos relacionados coa música.

Coa súa axuda o alumnado de sexto foi facendo un percorrido do ROCK desde os anos 50 ata a actualidade.

O alumnado disfrutou de boa música e de moitas anécdotas relacionadas con moitos grupos e artistas.


 

jueves, 23 de noviembre de 2023

#ACABOUSE

Contra a violencia machista o alumnado do Ruxidoiro di   #acabouse
Na biblioteca temos as nosas lentes violetas porque cremos nun mundo sen violencia, nun mundo onde os homes e as mulleres, as nenas e os nenos sexan tratados co mesmo respecto.
 
En infantil, miramos o mundo con lentes violetas
O alumnado de 6º gravou na radio un manifesto contra a violencia de xénero, logo dunha reflexión nas aulas das distintas violencias, os estereotipos., micromachismos... Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.


O alumnado do 1º ciclo reflexionamos sobre o consentimento a través dos contos.
Como saudamos aos adultos?
Temos a obriga de bicar ou dar apertas se non queremos? 

 As nenas e os nenos temos dereito a decidir a quen bicar e cando bicar. Os adultos temos a responsabilidade de escoitar e respectar as súas decisións.

As nenas e os nenos de 2º gravamos na radio o noso manifesto. 

"Nin un biquiño á forza"

Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.


 Ademais fixemos a nosa versión do mesmo conto. Velaí vos deixamos o resultado.

Traballamos nas aulas sobre os estereotipos, contra todas as violencias, a importancia do consentimento e berramos #acabouse

 

martes, 14 de noviembre de 2023

MIRAMOS CON LENTES VIOLETAS

 Ao longo deste curso, comezando coa conmemoración do Día contra as violencias machistas, o equipo de convivencia propón unha serie de actividades para mirar o mundo que nos rodea con LENTES VIOLETAS.

Reflexións nas aulas sobre os estereotipos, os micromachismos; analizamos letras das cancións que escoitamos, as series que vemos, os "influencers" que seguimos e os libros que lemos e temos nas aulas. 

Na biblioteca tedes unha urna para deixar as vosas reflexións. Animamos ás familias a participar!


Desde a biblioteca facemos as seguintes recomendacións lectoras, xogos e cortos que iremos ampliando coas vosas aportacións. Esperamos as vosas suxestións!

 

Made with Padlet

miércoles, 8 de noviembre de 2023

MES DA CIENCIA

 Iniciamos curso con novos proxectos na biblioteca: 

O CLUB DE CIENCIAS

Neste mes de novembro: 

 

Nas aulas e na biblioteca imos facendo os nosos experimentos. 

En 5º de educación infantil chegou unha misteriosa carta do profesor Aguado. Nela, propoñía un reto para o alumnado.

Con tres utensilios: coador, embude e esponxa,

Seredes quen de trasvasar a auga dun recipiente ao outro? 

Pensando e probando... adiviñaron como facelo!

 

O alumnado de 2º aproveitou o Samaín para facer o experimento "O globo máxico"

 

domingo, 5 de noviembre de 2023

Tempo de magosto

 Tempo de outono, tempo de unha das nosas festas tradicionais favoritas: 

                    O MAGOSTO!

Aí deixamos unha recompilación de recursos interesantes para aprender máis sobre esta festa: cantigas, adiviñas, refráns, xogos, imprimibles e contos.

       Premede na imaxe.