lunes, 25 de noviembre de 2024

Día da discapacidade

 

                    

TODO O BO COMEZA SEN BARREIRAS!

A Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada en 2006 e asinada por 180 países di:

"A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais"

E pide que as persoas con discapacidade podan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade.

Solicita aos Estados que tomen as medidas apropiadas para darlles pleno acceso ña actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos á súa integración.

#DiaInternacionalDasPersoasConDiscapacidade

No Ruxidoiro, lembramos a personaxes famosos e históricos que chegaron moi lonxe a pesar da súa discapacidade e a pesar de todas as barreiras que atoparon no camiño. 

Son un exemplo de superación que nos amosan cada día que o esforzo e a constancia teñen a súa recompensa. Persoas que non ven un problema  na súa discapacidade senón unha oportunidade de avanzar e superarse a si mesmas.


 

                    #TodooBoComezaSenBarreiras

Deixamos nesta presentación os nosos traballos e unhas recomendacións lectoras.

Aceptamos suxestións para ampliar os títulos da biblioteca!

 

dia da discapacidade de Marta Alvarez 



#FARTOS #FARTAS DAS VIOLENCIAS

 

Contra a violencia machista o alumnado do Ruxidoiro estamos   #fartos #fartas

dos estereotipos que nos fan crer que non podemos ser libres de pensar e decidir por nós mesmos: as cores que nos gustan, os xoguetes que preferimos, os deportes que queremos facer... Libres para dicir SI, libres para dicir NON.

Cremos nun mundo sen ningún tipo de violencia, nun mundo onde os homes e as mulleres, as nenas e os nenos sexan tratados co mesmo respecto.

A bilioteca do Ruxidoiro e o equipo de dinamización da lingua galega recomenda estes contiños sobre a violencia de xénero en galego. 

 

Algúns traballiños do alumnado de infantil e 1º de educación primaria: 

                        VIXIANTES DAS VIOLENCIAS



Polo 25N os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria coa mestra de música cantan: "ARROZ CON LEITE CON GAFAS DE IGUALDADE"
As aulas son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.
O 25 de novembro é unha data do calendario que  as aulas integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes que fixan valores contrarios á igualdade. Escoitemos ao noso futuro coas súas interesantes reflexións!

viernes, 22 de noviembre de 2024

Obradoiro sobre a morte e o dó

 O xoves 21 de novembro tivemos un obradoiro sobre a morte e o dó impartido pola psicóloga Andrea Sieiro Paz e organizado polo equipo de Convivencia e Benestar Emocional do centro. Un obradoiro dirixido ás familias e profesorado dos niveis de 6º de educación Infantil e 3º de Educación Primaria para acompañar, orientar e apoiar cando temos que afrontar as preguntas das crianzas relacionadas coa perda dun ser querido.

Ademais, realizamos unha exposición de recomendacións lectoras que nos van a axudar a afrontar este momento tan doloroso.

miércoles, 20 de noviembre de 2024

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

                                               

O 2O  de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Nen@, tamén coñecido como o Día Universal da Infancia. 

É unha data que nos fai lembrar que os adultos somos os primeiros e únicos responsables de cumprir e facer cumprir que todos os nenos e nenas, sen ningún tipo de distinción nin discriminación, teñan todos os seus dereitos: ser educado, coidado e protexido, que ten dereito a divertirse, a aprender e a expresarse e que ademais, todos os nenos e nenas teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en tódolos aspectos.

Na biblioteca tedes á vosa disposición unha exposición con contos e libros relacionados coa temática.


Na biblioteca podedes atopar moitas lecturas interesantes sobre os vosos dereitos e historias que nos contan como son as vidas de nenos e nenas noutros países. 

Aí vos deixamos algunhas recomendacións!



       




  Lembramos os dereitos da infancia?

 Para coñecer máis e comprobar o que sabes sobre os teus dereitos aquí vos deixamos un TRIVIAL.

lunes, 11 de noviembre de 2024

Mes da CIENCIA en galego


 Seguindo co noso proxecto RUXIARTE  e como este mes está adicado á ASTRONOMÍA, na biblioteca do Ruxidoiro celebramos este mes da ciencia en galego con lecturas sobre a ciencia do día a día e o coñecemento do universo.
Ademais queremos facer un pequeno homenaxe á astrónoma
ANTONIA FERRÍN MOREIRAS, A CONTADORA DE ESTRELAS
primeira muller en defender unha tesis doctoral en astronomía no estado español.
Estudou tres carreiras de ciencias ( Química, Ciencias Exactas e Maxisterio pola especialidade de Matemáticas) e, ademais de docente na facultade de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, realizou numerosas investigacións no Observatorio Astronómico da USC.
Se queredes saber máis premede na imaxe

Deixamos unhas recomendacións lectoras que podedes atopar na nosa biblioteca:

Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o microondas? Estas son algunhas das preguntas ás que responde A ciencia do día a día, un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira. Queres saber se un robot pode ter sentimentos? Queres saber por que estoupan os flocos de millo? Este libro explica, de xeito moi breve e sinxelo, moitos feitos da ciencia que nos acompañan na nosa vida diaria. Un libro para aprender... divertíndote.
Estrelas galegas da ciencia é un libro ilustrado, de ton divulgativo e divertido, que explica a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. 

Na biblioteca realizamos experimentos e coñecemos algunhas mulleres que inventaron ou descubriron importantes hitos da historia:
Émile Benedictus, que inventou o parabrisas en 1910.
- Melitta Bentz inventou o filtro de café.
- Lizzie Magie inventou un xogo sobre que o que se creou o Monopoly.
- Amanda Jones inventou o envasado ao baleiro.
- Josephine Cocraine inventou o lavavaixelas.
Deixamos unha pequena mostra dos experimentos na biblioteca. Premede na imaxe.



martes, 5 de noviembre de 2024

O Ruxiclub xa está en marcha!

 

O pasado venres 25 de outrubro tivemos a primeira reunión deste curso co Ruxi Club. Este ano, como en anos anteriores, organizarémonos en dúas quendas aínda que na primeira reunión estivemos todas xuntas.

A coordinadora do Ruxi Club explicoulles ás participantes os xogos e actividades que imos levar a cabo no Club de Lectura así como tamén as normas para que todo vaia do mellor xeito posible.

Esta primeira reunión estivo acompañada dun petisco doce para amenizar a xuntanza...

Logo da reunión xeral, cada grupo reuniuse para debatir e decidir, de xeito democrático, cal será a próxima lectura. Así a Quenda 1 decidiu ler "¿Quieres ser el novio de mi hermana?" de Maite Carranza e a Quenda 2 decidiu ler "Plan de rescate" de Antía Yáñez.               

 

Agardamos que sexan lecturas divertidas, entretidas, con misterio, intriga e sobre todo que disfrutedes moito delas!

Finalistas do concurso de relatos de medo.

 Aquí tedes @s finalistas do concurso de RELATOS DE MEDO:

 

 
1º PREMIO
Adriana (5ºA), Uxía (5ºB), Keila (6ºA) e Fabio (6ºB)
 
2º PREMIO
 Candela (5ºA), Yago (5ºB), Daniela (6ºA) e Noa (6ºB)
 
3ºPREMIO
Álvaro (5ºA), Ainara (5ºB), Leo (6ºA) e María (6ºB)
 
NORABOA A TODOS  E TODAS!

Escoitamos os Podcast  GAÑADORES:


             

lunes, 4 de noviembre de 2024

Tempo de magosto

Tempo de outono, tempo de unha das nosas festas tradicionais favoritas:

                                         O MAGOSTO! 

 O alumnado de 1º gravaron na radio o contiño de "A castañeira" e coa axuda das mestras fixeron este fermoso vídeo.


O alumnado de 2º agasállanos con esta cantiga para escoitar mentras comemos as castañas.


 

Aí deixamos unha recompilación de recursos interesantes para aprender máis sobre esta festa: cantigas, adiviñas, refráns, xogos, imprimibles e contos que podedes atopar na biblioteca.  Esperamos a vosa visita!

       Premede na imaxe.