Ola amiguiños!!
Este ano, para celebrar o magosto, ademáis das diferentes actividades festivas propias desta data que se realizan (ambientación do colexio, traballo de contidos referidos ao magosto, asado de castañas con fogata incluída, xogos e diversión, etc), no colexio organizamos tres concursos que toman como elemento principal o ingrediente esencial do magosto: a castaña.
O primeiro concurso consiste en atopar e traer á escola
"A castaña máis grande" posible. O segundo concurso pretende todo o contrario, ser capaz de atopar e traer á escola
"A castaña máis pequena". E por fin, o terceiro e derradeiro concurso que leva por título
"A castaña mellor decorada" foi o que provocou que ata a escola foran chegando verdadeiras
"obras de arte" construídas tomando como base as castañas.
Sen dúbida, a creatividade dos nosos alumnos e familias deixounos a todos abraiados polo resultado tan espectacular que se acadou, e se non o credes, botádelle un vistazo a estas
"fantásticas creacións castañeiras". A verdade é que decidir cal será o gañador ou gañadora vai ser tarefa moi pero que moi complicada.
Pero... esperade, esperade... que aínda hai máis!!
Por certo, pedimos perdón se algunha das fantásticas creacións que trouxéstedes ata a escola non quedou reflexada no blog, pero é que, ata o mesmísimo último momento non deixaron de chegar novas obras de arte, incluso despois de ter concluída esta montaxe fotográfica para que todos disfrutarades delas.
Un RUXI - SAÚDO a todos e xa sabedes, a disfrutar do magosto!!