viernes, 28 de octubre de 2022

ARRANCA O RUXI CLUB!!!

 O venres 28 de outrubro tivemos a primeira reunión deste curso do Club de Lectura co novo alumnado de 6º de primaria. Este curso haberá dúas quendas xa que houbo moitos/as anotados/as.

Xuntámonos na biblioteca co primeiro grupo de rapazada con ilusión e interés por comezar.

A responsable do Club de Lectura ofreceulles varias alternativas para escoller a lectura coa que comezar. Houbo unanimidade, leremos "Plan de rescate" de Antía Yáñez.

O próximo venres tócalle a quenda ao segundo grupo de rapazada.





martes, 25 de octubre de 2022

Xa chega o Samaín!

Preparad@s,list@s... XA!

O venres 28 de outubro temos organizada unha sesión de contacontos de Samaín. Os maiores contarán contos de medo, deses que asistan moito, dos que arrepían e fan que se nos poñan os pelos de punta.

O alumnado de quinto e sexto participará no concurso de relatos terroríficos. Estamos desexando escoitar esas historias que nos dean calafríos.
Durante esta semana estarán expostos os vosos chapeus terroríficos feitos con material de refugallo.

lunes, 24 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O próximo luns 24 de outubre celébrase o Día das Bibliotecas.  Celebraremos esta data tan importante cunha visita á biblioteca do centro para a presentación do libro viaxeiro "A viaxe de Pepe e Vofi", libro que foi elaborado ao longo de varios anos coa creatividade e imaxinación do noso alumnado.

Cada grupo ten un tempiño para ler este conto e recibir un agasallo por parte do equipo de biblioteca.




domingo, 23 de octubre de 2022

Club de lectura

 ATENCIÓN!  ATENCIÓN!

O alumnado de 6º de primaria elaborou este noticiario para publicitar o CLUB DE LECTURA na nosa biblioteca.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

LER MOLA UN MONTÓN!

                                             

DÍA iNTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

 


O 24 de outubro é o Día Internacional contra o cambio climático.

O CAMBIO CLIMÁTICO é a variación global do clima e a temperatura do planeta, xerada a longo prazo por causas naturales e acelerada, a unha velocidade alarmante, pola actividade humana: contaminación, uso da enerxía, actividade industrial...
A contaminación da actividade humana emite gases de efecto invernadoiro que producen un aumento da temperatura, xerando o fenómeno de quecemento global, causante do cambio climático. Algúns efectos deste cambio son:
- Incremento das temperaturas medias.
- Incremento do nivel do mar.
- Desxeo no Ártico.
- Incremento de eventos climáticos extremos: secas, incendios, escasez de auga e inundacións.
Queredes saber como podemos axudar a salvar o planeta?

Velaí tedes unhas recomendacións!
O alumnado de 4ºA gravou na Ruxi Radio este poema coas súas recomendacións para salvar o planeta. 

Recomendacións lectoras contra o CAMBIO CLIMÁTICO.










viernes, 21 de octubre de 2022

Día do aforro de enerxía

Tedes curiosidades sobre a enerxía?

 De onde vén a luz que temos en casa?

Esgótase a luz? Que son os paneis solares?

Na nosa biblioteca temos todas as respostas!


Vinde a investigar! Seguimos co proxecto Ruxiverdece!!!!

lunes, 17 de octubre de 2022

DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

  A VII Edición celébrase este ano 2022  o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”.

                                    

"Houbo unha vez unha guerra.
 Despois da guerra, quedamos sen casa.
-Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
 Fomos vivir ao coche.
 Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)

O alumnado voluntario na biblioteca preparou a exposición de libros.

viernes, 14 de octubre de 2022

Biblioteca de medo!



Buscades libros e contos de medo
terroríficos, horripilantes e horrorosos?
Pasade pola biblioteca e 
comprobaredes que os monstros tamén len!

sábado, 8 de octubre de 2022

Ruxiverdece

 Comezamos novo proxecto! 

RUXIVERDECE

Desde o noso centro entendemos que é moi necesario que o noso alumnado tome conciencia do coidado do medio e aprenda a reducir o impacto que estamos a provocar no planeta co noso sistema de vida.

Este proxecto pretende non só concienciar da situación que está a vivir o noso planeta, senón tamén incluír determinadas pequenas accións no noso día a día dentro e fóra da escola que contribúan, na medida das nosas posibilidades, a protexer o medio que nos rodea e a reducir os efectos negativos sobre o noso planeta. 


Ao longo do curso realizaremos actividades, obradoiros, traballos plásticos, xogos, lecturas e búsqueda de información relacionadas con este proxecto. 

As familias podedes colaborar co centro e axudarnos nesta labor de concienciación tan necesaria para coidar da nosa terra. 



Unha actividade na que podedes participar colaborando desde casa é na exposición de chapeus terroríficos de Samaín: chapeus, puchos ou sombreiros feitos con material de refugallo. Traede as vosas creacións entre o 19 e o 24 de outubro para a exposición. 
Lembrade os tres R: 
Reducir, Reutilizar e Reciclar
o noso planeta o agradecerá!

viernes, 7 de octubre de 2022

Apertura da biblioteca


Xa estamos de volta! Novo curso, novos proxectos, novas ilusións e.. 
MOITAS GANAS DE LER!

A partir do 10 de outubro abrimos a nosa biblioteca para empréstitos e devolucións, xogos, consultas, animación á lectura, club de lectura...
Lembrade que precisades o voso número de lector para os empréstitos. 
A biblioteca tamén abre os luns e xoves polas tardes no seguinte horario: 16:00-17:00. As familias que desexen visitar a nosa biblioteca nese horario debedes enviar un correo solicitando cita: bibliotecaoruxidoiro@gmail.com

Este venres tivemos a reunión de voluntarios e voluntarias de 6º para axudantes de biblioteca. Resultou un éxito pois todo o alumnado de sexto vai colaborar nas tarefas de bibliotecari@s. Nuns días publicaremos as fotos d@s axudantes. 

Vémonos na biblioteca!