viernes, 31 de mayo de 2024

"Dona Problemas", nova lectura do Ruxi Club

 Comezamos nova lectura, será a última do Ruxi Club deste curso que xa está a piques de rematar.

Como unha pequena homenaxe ao gran autor (e persoa) Miguel López, "El Hematocrítico", falecido o pasado mes de novembro, que nos fixo varias visitas durante o curso pasado, o alumnado e a coordinadora do Club de Lectura decidimos ler o libro "Dona Problemas".

Miguel deixou un gran legado tanto en literatura infantil, como xuvenil e para adultos, moitas das súas obras están na nosa biblioteca. Ademais era unha persoa moi creativa, inxeniosa, intelixente, con gran sentido do humor e sobre todo, moi boa xente. Que gran perda!

Hoxe a rapazada do Ruxi Club comeza a ler "Dona Problemas", seguro que algún sorriso se nos escapa coa lectura.




miércoles, 8 de mayo de 2024

Letras galegas 2024

 O 17 de maio, Día das Letras Galegas, está adicado a 

LUISA VILLALTA

escritora, filóloga e violinista galega.

Premede nas ligazóns a distintas actividades sobre a vida e obra desta autora galega.





Algunhas recomendacións lectoras.

O alumnado de 5ºB realizou un faladoiro para homenaxear a LUÍSA VILLALTA, a  poeta a cal a RAG adica este ano as Letras Galegas.

Con este podcast a nosa escola participa no VI CONCURSO DE PODCAST-RADIO NA BIBLIO. Premede na imaxe para escoitalo.

viernes, 3 de mayo de 2024

Escola de familias

 Na biblioteca do centro estreamos a Escola de Familias no centro en colaboración co CFR de Ourense. Un espazo onde aprender, compartir experiencias e debater sobre a educación dos nosos fillos e das nosas fillas. Agardámosvos!



jueves, 2 de mayo de 2024

Encontros coa autora

 


Iria Misa, é licenciada en Filoloxía Inglesa e profesora de ensino secundario. Como autora de literatura infantil e xuvenil deuse a coñecer coa novela "Xa non estou aquí" que obtivo o Premio Jules Verne de literatura Xuvenil no 2016. no ano 2018 publica as novelas "Segredos no solpor" e "Mamá, quero ser Ziggy Stardust" que conseguiu o Premio Fervenzas Literarias ao mellor Libro Infantil nese mesmo ano. outra das súas obras, "A cidade do átomo" publicada en 2021 gaña o IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil. En 2023 publica "Unha veciña de película".


 A autora,Iria Misa, visitou a nosa biblioteca e conversou co alumnado de 5º e 6º sobre as obras que leron tanto nas aulas como no club de lectura.

O alumnado de 6º, Laura, Álvaro, Silvia e Ruth, gravou unha entrevista con esta autora na Ruxiradio.

Iria, grazas pola túa visita, implicación e amabilidade!

miércoles, 1 de mayo de 2024

O Club de lectura recibe agasallos!

 O alumnado de ambos grupos do Club de Lectura decidiu que a próxima lectura sexa "Unha veciña de película" da autora Íria Misa. Como está programada unha visita desta autora ao noso colexio, o Club de Lectura agasalla cun exemplar deste libro a cada participante do club, pola súa participación ao longo do curso, a súa constancia, implicación e interés.

Parabéns rapaces e rapazas!!!

Non esquezades os vosos libros para que Íria volos asine!!!