martes, 18 de abril de 2023

EL HEMATOCRÍTICO

 O autor visitou a nosa biblioteca co alumnado de 1º , 2º, 3º e 4º.

Sabedes que El Hematocrítico non é o seu verdadeiro nome?

Entón, quen é este autor?

Chámase Miguel López e naceu en A Coruña en 1976. É mestre de infantil, de inglés e de primaria aínda que agora adícase máis ao mundo da literatura. É escritor, blogueiro, humorista... A nós gústanos moito polos libros que lemos: 

Feliz Feroz, Max Burbuja e Dona Problemas 

O alumnado de 4º B fíxolle unha entrevista. 

Premede na imaxe para escoitala.


A visita en imaxes



Gabriel, alumno de 4ºB, fíxolle entrega dunha caricatura do autor feita por el. Temos un futuro ilustrador!
Asinando os seus libros!

Na biblioteca podedes atopar moitos libros deste autor. 

             

             
  
                 
         

    A que esperades para visitarnos?



domingo, 16 de abril de 2023

What´s your favourite book?

 O alumnado de sexto de primaria, participante no programa Eduexchange, cóntanos cal é o seu libro favorito.




miércoles, 12 de abril de 2023

El Hematocrítico visítanos!

 Na biblioteca xa comezamos as visitas de autores dos libros que lemos. 

O xoves 13 de abril virá El HEMATOCRÍTICO!

@s axudantes da biblioteca axudaron a rematar o mural de benvida. Estamos desexando coñecelo!




Co alumnado de 1º de primaria


domingo, 2 de abril de 2023

Día Mundial do autismo

 O Día 2 de abril temos unha data importante que lembrar: 

 Día Mundial do autismo

A Confederación Autismo España propón unha campaña de sensibilización e concienzación sobre tres aspectos fundamentais:
- Variabilidade: iguais pero diferentes.
- Singularidade e especificidade: derrubar estigmas e falsas crenzas.
- Sentido de pertenza: orgullo e apoio.

Anímádevos a participar na súa campaña e axudar a construír unha sociedade máis respectuosa coas persoas con autismo.
Podedes participar de varias maneiras. premede AQUÍ

Estas son as aportacións dos nenos e nenas do noso centro:

sábado, 1 de abril de 2023

Mes do libro

 Con motivo do Día do libro Infantil e do Día do Libro, durante o mes de abril, na biblioteca realizaremos diferentes actividades de animación á lectura.

                                Visita de... El Hematocrítico 

                                
para o alumnado de 1º a 4º
Versionando portadas dos nosos libros favoritos



Intercambio solidario de libros entre grupos do mesmo nivel

ÁRBORES CON MENSAXES
Queremos encher as nosas árbores do vestíbulo con mensaxes,citas de escritores e escritoras, pequenos extractos de libros, o voso libro favorito e outras cousiñas que nos queiras contar sobre a lectura e os libros... 


APADRIÑAMENTOS LECTORES
Una ano máis, o alumnado de infantil, 1 e 2º de primaria
terá unha sesión de contacontos a cargo dos maiores do cole.
Podemos contar os contos de mil maneiras: recitando, lendo, versionando, contos musicados, interpretando... 
O 24 de abril descubriremos máis!

AMIGO INVISIBLE DE LIBROS

O profesorado participa tamén intercambio libros a través do amig@ invisible. Os libros tamén son sorpresa.
Que lectura tocará?

Visita de Andrea Maceiras

para o alumnado de 5º e 6º