martes, 23 de febrero de 2016

Coñecendo mellor a obra de Rosalía


Ola amiguiños!!
Como ben sabedes, esta semana estamos inmersos nas actividades relacionadas co Día de Rosalía que se conmemora na data de mañá, día 24 de Febreiro. Así, ademáis das diferentes actuacións que se levarán a cabo na Casa de Cultura do Concello de Barbadás e, das cales xa vos deixamos o programa anteriormente, queremos tamén presentarvos a continuación unha actividade LIM creada polo EDNL do CEIP "Campolongo" de Pontevedra que, gratamente vos recomendamos pola súa claridade e calidade, e que vos permitirá coñecer un pouco mellor a temática abordada por esta gran e ilustre figura da literatura e cultura galegas ao longo da súa valiosa obra.



Agardamos que vos guste e, de paso, felicitamos aos compañeiros do CEIP "Campolongo" polo seu traballo.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


PULSAR AQUÍ

martes, 16 de febrero de 2016

Semana de Rosalía



Ola amiguiños!!

Co gaio da celebración do Día de Rosalía o vindeiro 24 de febreiro, o noso colexio participará na  "Semana de Rosalía" organizada pola Concellaría de Cultura do concello de Barbadás entre o 22 e o 26 de febreiro de 2016. 

Ao longo desa semana, os alumnos do noso centro actuarán na Casa da Cultura do Concello de Barbadás con dramatizacións, recitados, cancións... de poemas da súa excelsa obra. 

O programa de actuacións será o seguinte:

LUNS, 22 DE FEBREIRO DE 2016 ÁS 11:30 HORAS

- Educación Infantil 3 anos A/B: "Adiós ríos, adiós fontes" e "Rosalía pequeniña".

- Educación Infantil 5 anos A/B: "As pitas brancas" e "Imos cantando".

- Educación Primaria 2ºB: "Poema para Xan"


MARTES, 23 DE FEBREIRO ÁS 11:30 HORAS

- Educación Primaria 4º A/B: "Poema por determinar"

- Educación Primaria 5º A/B: "Que ten o mozo?" e "Aires, airiños aires"

- Educación Primaria 6º A/B: "Has de Cantar" e "Pra Habana"


MÉRCORES, 24 DE FEBREIRO

- Teatro de monicreques: "A viaxe de Rosalía" para o alumnado de Educación Infantil 5 anos A/B, Educación Primaria 2º A/B e 4º A/B


Un RUXI - SAÚDO a todos!!



martes, 2 de febrero de 2016

Aprendendo a comer de maneira saudable

Ola amiguiños!

A semana pasada tivemos unha visita moi especial na escola. Así, dende a Consellería de Sanidade de Ourense veunos visitar Purificación Novoa Fernández quen, dentro da campaña "NUNCA SEN ALMOROZO: SEMPRE ALMORZOS SAUDABLES", nos falou tanto da importancia de manter unha alimentación saudable á hora de consumir alimentos, como da importancia de ser compradores responsables e consumidores informados acerca do que mercamos para comer.

Dende aquí o noso agradecemento á Purificación por compartir con nós todos os seus consellos e orientacións e, lembrade, podemos comer rico sen deixar de comer san.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!