miércoles, 31 de enero de 2024

CUNHA LEDICIA SEN PAR, CHEGA O... ENTROIDO!

 ¿Que será que cando chega

cunha ledicia sen par,

a xente tápase a cara

e logo ponse a bailar?

Comeza o TEMPO DE TROULA,  a festa que máis nos gusta: 
O ENTROIDO!
O Meco do Ruxidoiro xa nos enviou os MANDADOS.
Comezamos o luns,5 de febreiro!

Seguimos coa troula cunha manchea de recursos e actividades.

martes, 30 de enero de 2024

Plan de rescate, grupo 1

 O pasado venres tivemos unha nova xuntanza do Club de Lectura co Grupo 1. Estamos a ler o libro de Antía Yáñez, "Plan de Rescate", un clásico no Club e sinónimo de éxito coa rapazada. Nesta ocasión acordamos ler ata a metade do libro (aínda que houbo quen non parou de ler ata rematalo).

O alumnado coincide en que lles está a gustar moito e que contén todos os  ingredientes necesarios para manter a intriga ata o final...

Na próxima xuntanza remataremos o libro.

                       

lunes, 29 de enero de 2024

Altas aspiraciones na RuxiRadio

 Como xa vén sendo habitual, cada vez que damos por rematada unha lectura, algunhas nenas veñen á Ruxi Radio a falarnos do libro que estivemos a ler. Nesta ocasión falamos con Noa Gil, Laura Atanes e Laura Araújo sobre o libro de Charlie Feelwood, "Altas Aspiraciones".

Esto foi o que nos dixeron...

Moitas grazas pola vosa colaboración rapazas!

                            

                        


viernes, 26 de enero de 2024

¿Quieres ser el novio de mi hermana?, grupo 2

 Nova reunión no Club de Lectura, nesta ocasión co Grupo 2, primeira do 2024. Todo listo, agardando pola rapazada...

 

                     

O pasado venres 19 de xaneiro tivemos a primeira reunión do ano co Grupo 2 do Club de lectura. Durante as vacacións de Nadal os participates remataron a lectura que escolleran semanas antes, "¿Quieres ser el novio de mi hermana?" de Maite Carranza.

O alumnado comentou o libro, houbo bastantes rapazas que se identificaron coa protagonista e tamén houbo quen recoñecía a achegados/as en varios personaxes... pasamos un momento agradable e divertido falando sobre esta lectura.

Como non podía faltar, xogamos ao Pasapalabra do libro...

 

                       

 

Próxima lectura... "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure.

 

                                           

Altas aspiraciones co grupo 1

 Todo preparado para a primeira reunión do Club de Lectura, Grupo 1 deste ano 2024.

 

                     

O pasado 12 de xaneiro, á volta das vacacións de Nadal, retomamos as nosas xuntanzas co Club de Lectura, nesta ocasión co Grupo 1 que escolleran o libro "Altas Aspiraciones" do autor Charlie Feelwood.

A rapazada comentou a lectura, gustoulles moito e houbo debate sobre o libro. Como cada vez que se da por rematada unha lectura, a coordinadora do Club propúxolles xogar a un Pasapalabra sobre o mesmo, pasámolo moi ben.

 

                     

 

Unha vez máis, a nosa alumna Noa non se conformou con ler o libro, xa que aproveitou para facer un traballo sobre o mesmo.

 

                        

Parabéns Noa, encantounos o teu traballo, pero sobre todo, a túa actitude, dedicación, ilusión e esforzo!!!

Próxima lectura....

 

                                 

 

jueves, 25 de enero de 2024

Radio na biblio: Sopa de Europa, co grupo 1

 Unha vez rematado, comentado, debatido e participado no Pasapalabra do primeiro libro lido no Club de Lectura co Grupo 1, "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez, Alba e Laura animáronse a visitar a Ruxi Radio a falarnos un pouco desta lectura.

                       

Esto foi o que nos dixeron na Ruxi Radio:

miércoles, 24 de enero de 2024

Recomendacións Día da Paz

Na biblioteca preparamos esta recompilación de recursos para traballar o Día da Paz nas aulas e en familia: xogos, curtas, cancións, lecturas... Esperamos que vos gusten!