miércoles, 20 de marzo de 2013

A visita de Susa Herrera

Ola raparigos!!

Onte día 19 de marzo, os alumnos de Educación Infantil puideron disfrutar dunha fantástica e divertida xornada na compañía da gran Susa Herrera, quen nos deleitou a todos coas súas imaxinativas e alegres cancións e historias.
 
Sen dúbida, todos o pasamos xenial e, para que poidades disfrutar dun anaquiño da súa actuación, aquí vos deixamos unhas fotos e uns videos nas que podedes comprobar qué maneira de mover os esqueleto máis salerosa amosan os nenos e nenas de Educación Infantil.
 
Un RUXI - saúdo a todos e unha forte aperta a Susa. Xa sabes que aquí tés as portas do noso colexio abertas para cando queiras volver a facernos unha visita.
 
              
 

 

lunes, 18 de marzo de 2013

Clube de Lectura Paseniño (3º ciclo)

Ola raparigos!!


O clube de lectura Paseniño correspondente ao 3º ciclo xa está en funcionamento. O libro escollido para comezar leva por  título "Mil cousas poden pasar" de Jacobo Fernández Serrano. A historia levaranos ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e a sucesión de situacións verdadeiramente insólitas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é, e pode ser, incriblemente posible.

As reunións do clube de lectura terán lugar na biblioteca en horario de recreo, e lémbrase a todos os membros do clube que a próxima xuntanza terá lugar o vindeiro día 4 de Abril de 2013, para o cal deberedes ter lida a segunda parte do libro (capítulos 25 a 51). Tranquilos, tranquilos... non vos alarmedes...    que non cunda o pánico... que a ninguén lle dea un ataque ao corazón... cada capítulo ten unha extensión de unha ou, como moito, dúas follas asique non vos agobiedes.

Un RUXI - saúdo!!


Última hora!!

Ola raparigos!!


Queremos informarvos que mañá, día 19 de marzo, a eso das 12:30 horas aproximadamente (minuto arriba, minuto abaixo), contaremos coa visita de Susa Herrera quen nos ofrecerá diferentes actividades de animación á lectura destinadas aos nosos alumnos de Educación Infantil.

Seguiremos informando. Un RUXI - saúdo!!

miércoles, 13 de marzo de 2013

"Un té a la menta: músicas del Magreb"

Ola amiguiños!!


Esta semana, os compañeiros de 3º, 4º, 5º e tiveron a oportunidade de vivir unha experiencia fascinante xa que puideron embarcarse nunha viaxe polo norte de África gracias ao concerto que a Orquestra Árabe de Barcelona ofreceu no Auditorio Municipal de Ourense e que levaba por título "Un té a la menta: músicas del Magreb", e no cal puideron descubrir a gran riqueza musical dos pobos occidentais do mundo islámico, escoitando cantos e ritmos dos bereberes, dos amazics, dos gnaua, dos sufíes... e descubrindo estilos xa máis modernos como o chaâbi ou o räi.





E para que poidades lembrar algúns momentos da actuación, non dubidedes en botarlle un vistazo ao seguinte vídeo. Cando o fagades darédesvos conta que non se trata do Auditorio de Ourense, xa que durante o concerto non nos foi permitido poder gravar a actuación, pero buscando por internet atopamos este video que foi gravado noutro dos seus concertos e que merece a pena ver, xa que as cancións son as mesmas que nós puidemos disfrutar.

Un RUXI - saúdo!!



martes, 12 de marzo de 2013

Que ben o pasamos no entroido!!

Ola amiguiños!!

Este ano no CEIP "O Ruxidoiro" celebramos un entroido moi musical, no que panderetas, violíns, trompetas, acordeóns, guitarras, tambores, maracas, saxofóns ou pianos non quixeron faltar.
 
Agora que xa pasaron unhas cantas semanas é un bo momento para tan divertidos momentos lembrar, non vos parece? Esperamos que disfrutedes do video.
 
Un RUXI - saúdo!!
 
 

lunes, 11 de marzo de 2013

CLUBE DE LECTURA PASENIÑO: O clube que esperta a túa imaxinación

Ola amigos e amigas lectoras!!

Este curso retomamos a actividade no noso clube de lectura pero...multiplicada por 3!!!!.

Hoxe contamos no cole con tres seccións do clube de Paseniño: A do 1ºciclo, a do 2º ciclo e a do 3º ciclo. E aínda cabe a posibilidade de crear outra no 1º ciclo dada a gran demanda.

Polo de agora, animámosvos a ler, ler e ler ...ler pola tarde, pola mañá ou pola noite,  ler no cole, ler no parque, ler sentado/a, ler deitada/o, ler de pé , ler de costas ou de fronte sempre ler!!!!!!!!!

Lendo aprendes, divirteste, soñas, vives aventuras e non tes tempo de te aburrir.

Anímate a participar!!!!! Pincha no enlace de arriba e atoparás toda a información.
 
Un RUXI - saúdo a lembrade... TODOS A LEEEEERRRRRRR!!!!!!!

viernes, 8 de marzo de 2013

Día Internacional da Muller

Ola amiguiños!!

Hoxe é un día moi especial e importante, pois nesta data celebramos en todo o mundo o Día Internacional da Muller.

Máis que un día de homenaxe, o 8 de marzo debemos consideralo como un día de reflexión acerca do importante papel que as mulleres desempeñan en todos e cada un dos ámbitos da vida.
Por iso, non podemos obviar a triste realidade que todavía hoxe segue existindo en moitos lugares do mundo en donde as mulleres seguen demandando dereitos básicos das que son excluídas, como o aceso á educación, á cultura, ao traballo ou á política, loitando pola súa vontade de participar en condicións de igualdade de dereitos e deberes en moitos ámbitos nos que a súa participación é minoritaria en comparación co home.
 
Para que teñades unha idea máis clara da orixe e a conmemoación desta data tan importante, non dubidedes en botarlle un vistazo ao seguinte vídeo. Un RUXI - saúdo!!
 

 
 
 
 
 
 
 

lunes, 4 de marzo de 2013

Navega con rumbo

Ola amiguiños!!

A semana pasada, os compañeiros de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de participar nunha xornada informativa e formativa na que se abordou un tema de gran relevancia na actual "era dixital" na que nos atopamos como é a navegación segura en internet e os perigos e ameazas que ésta encerra.
 
A xornada que levaba por título NAVEGA CON RUMBO, foi impartida por Lorena Otero Cerdeira, membro do COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑEIROS EN INFORMÁTICA DE GALICIA (CPEIG), e foi desenvolta na aula de informática do noso colexio ao longo da mañá. Nela, ademáis de recibir información de gran importancia e utilidade á hora de facer uso de internet e as redes sociais, os alumnos de 5º e 6º puideron plantexar todas as súas dúbidas e inquedanzas para que fosen resoltas.
 
Dende aquí non nos queda máis que agradecer a Lorena todo canto nos ensinou, tanto a alumnos como a mestres, e lembrarche que, cando fagas uso de internet e das diferentes redes sociais, non esquezas por en prácticas todos e cada un dos consellos que Lorena nos ensinou.
 
Un RUXI - saúdo e NAVEGA CON RUMBO!!