Comezamos o 2º trimestre cunha nova reunión do Ruxi Club. Despois das vacacións de Nadal, tíñamos acordado rematar o libro que estábamos a ler, "El Club de los Raros" do escritor catalán Jordi Sierra i Fabra.
O sentir xeral do Ruxi Club con respecto a este libro é que gustou moito, transmite moitos valores e fai reflexionar sobre as diferenzas (ou non) entre as persoas.
Aproveitamos para xogar ó Pasapalabra de "El Club de los Raros", pasámolo xenial!!!