martes, 24 de octubre de 2023

Samaín de medo!

 O martes 31 de outubro temos organizada unha sesión de contacontos de Samaín. Os maiores contarán contos de medo, deses que asustan moito, dos que arrepían e fan que se nos poñan os pelos de punta.


O alumnado de quinto e sexto participará no concurso de relatos terroríficos. Estamos desexando escoitar esas historias que nos dean calafríos.
O martes 31 cada grupo terá a súa sesión de contacontos e dramatizacións. Aquí vos deixamos o HORARIO.
Durante esta semana estarán expostas as vosas vasoiras terroríficas feitas con material de refugallo.
Agardamos as vosas creacións!
Se queredes aprender máis sobre o Samaín con xogos, cancións, contos... Mirade aquí!

lunes, 23 de octubre de 2023

Arranca o Club de lectura!

 Estamos moi alegres de anunciar que o venres 20 de outubro comenzou, un ano máis, o Club de Lectura. Este curso haberá dous grupos.

Na reunión inicial, a responsable do Club, explicoulles á rapazada participante do Club como serían as dinámicas das reunións, horarios, calendario, actividades...

Aproveitamos para que cada grupo, de xeito democrático,  escollese a próxima lectura.

                          

Para as próximas reunións cada grupo terá asignada unha data.

As lecturas de cada grupo son as seguintes:          

A próxima reunión será co Grupo 1 o venres 17 de novembro.

Boas lecturas!!!

Día das bibliotecas escolares

 O 24 de outubro conmemórase o Día das bibliotecas. A biblioteca é o eixe dinamizador de todas as actividades do centro, é un punto de encontro, un lugar para soñar, para viaxar, descubrir, inventar, imaxinar e aprender sen límites.

Queredes participar no concurso de marcapáxinas? Velaí tedes as instrucións. 

Estamos esperando as cosas creacións!

Os axudantes da biblioteca enseñan as zonas de lectura e xogos.




Esperámosvos na vosa biblioteca!

domingo, 22 de octubre de 2023

Premio IV Certame de fotografía

Premio a unha das alumnas do Centro no VI Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”: As gañadoras!

No seguinte enlace podedes ver a fotografía e o Podcast. Noraboa!

http://pontenasondas.org/vi-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-as-ganadoras/?fbclid=IwAR1C7bOEoZnhYezNAPw7Di7Eirv3czdJfceOTR3Q4UevJnuCKAOqklDhpbM



domingo, 15 de octubre de 2023

Día das mulleres escritoras

 Hoxe , 16 de outubro, é o Día das Mulleres escritoras. Desde a nosa biblioteca facemos unha pequena homenaxe a todas aquelas escritoras que nos acompañan coas súas historias e relatos ao longo da nosa vida. Algunhas escritoras galegas...



Na biblioteca temos unha exposición de libros escritos por mulleres, para todas as idades e os gustos.
Esperámosvos!

domingo, 8 de octubre de 2023

Abrimos a biblioteca!

 Estreamos curso con novos e novas axudantes de biblioteca. Este ano, o alumnado de 6º está moi ilusionado e con moitas ganas de colaborar, axudar e participar en todas as propostas que xurdan para dinamizar a nosa biblioteca.                        

                                               

Hoxe seis nenos e nenas subiron á radio a gravar unha cuña publicitaria para informar da apertura da biblioteca o próximo luns 9 de outubro.

                                   Rapazada e non tan rapazada, animádevos a visitarnos!!!