Matilda Joslyn Gage, unha activista norteamericana do século XIX que loitou polo sufraxio feminino, e que foi a primeira en denunciar que ás mulleres investigadoras se lles negaban as súas aportacións e logros. A autoría dos seus descubrimentos pasaba así aos seus compañeiros de investigacións e/ou maridos. É o que se coñece como Efecto Matilda.
As consecuencias desa falta de referentes de mulleres na historia da ciencia fai que outras mulleres e nenas perciban que a ciencia é cousa de homes e dubiden, ao mesmo tempo, da súa capacidade e potencial.
A campaña #nomorematildas pretende visibilizar a esas mulleres brillantes levándoas aos libros de texto para achegar referentes femininos e fomentar a vocación científica das nenas.
Para coñecer máis sobre esta campaña premede na imaxe