jueves, 23 de junio de 2022

Recomendacións para o verán!

 Xa chega o fin de curso e o Equipo de biblioteca quere agradecervos a todos e todas  a alegría e a ilusión que trouxestes de novo á nosa bibliteca. 

Un especial agradecemento aos e ás axudantes de biblioteca de sexto que fixeron unha gran labor sempre co mellor dos sorrisos. Agora xa marchan para o instituto pero deixan a súa pegada lectora na nosa biblio.

No verán non vos esquezades de ler un chisquiño. Ler por diversión, por pracer, para soñar, para aprender, para viaxar, para vivir novas aventuras, para voar...

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras. 

Vémonos en setembro!

miércoles, 22 de junio de 2022

De concerto con Uxía e Sergio!

 O mércores 22 de xuño, para rematar o curso, o alumnado de 5º e 6º asistiu ao concerto de Uxía  co seu guitarrista Sérgio Tannus.

Premede na imaxe para coñecer a biografía desta cantante.

Na biblioteca podedes atopar algúns dos seus libros-disco- Premede na primeira imaxe para coñecer máis sobre a súa discografía.


Aquí vos deixamos un chisquiño da súa actuación no noso cole.

             

Volvede pronto, Uxía e Sergio!

martes, 21 de junio de 2022

Concerto de Xoán Curiel!

 O martes 21 de xuño visitou a nosa biblioteca...

XOÁN CURIEL!

para ofrecer ao alumnado de 3º e 4º  un concerto do seu álbum 

Estamos no verán!

Premede na imaxe para coñecer a biografía deste cantautor.


O Equipo de Bibolioteca recoméndavos os seus libros-disco


O alumnado de 3ºA preparou un vídeo coa canción Estamos no verán! 



Velaí tedes un pequeno vídeo sobre o paso de Xoán pola nosa biblio.
Ata pronto Xoán!


sábado, 11 de junio de 2022

Visita de Ledicia Costas

 O pasado venres 10 de xuño recibimos con ledicia a Ledicia Costas. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º participou nunha rolda de preguntas. A verdade é que fixeron moitas preguntas interesantes sobre a faceta de escritora: a súa temática favorita, o tempo que adica a escribir, cantos libros leva escritos... Ledicia transmitiulles a súa paixón polos libros!

Para rematar o alumnado de sexto fíxolle unha entrevista na Ruxi Radio.

Xa temos algúnhas escritoras e algúns escritores en marcha! Ao rematar asinou os libros que lemos no cole: Conexión Macarrón, A señorita Bubble e Os Minimortos.

Ademais, a nosa compañeira Josefa regaloulle un fermoso retrato de Ledicia feito por ela. 

       




Ata a próxima, Ledicia!

jueves, 9 de junio de 2022

Benvida Ledicia!

O venres 10 Ledicia Costas visita o Ruxidoiro. Os Minimortos, Conexión Macarrón e A señorita Bubble son os libros que lemos desta autora ao longo deste curso.

Preparados y preparadas para a túa visita🤗


lunes, 6 de junio de 2022

PDI: OS PIRATAS

 Ao longo deste curso traballamos arredor da temática dos piratas. 

Comezou o proxecto cunha carta da pirata Pingamorriña. O seu barco foi a pique e precisaba unha nova tripulación e un novo barco. Decidimos que había que axudala!


Aceptamos este desafío e a pirata foi enviando retos para cumprir. Os grumetes traballamos arreo pois queríamos converternos en grandes piratas! Pero piratas dos bos!
Pingamorriña recomendounos moitas lecturas para poder comezar a cumprir os retos.
    Cofre das recomendacións lectoras            Código de conduta pirata



    Cartas a Pingamorriña:         Murais das aulas sobre o mundo pirata 
    queremos ser piratas! 

    Traballamos as emocións             Mensaxes nas botellas

Poema pirata
                      Ao abordaxe!                                Diplomas piratas

    Traballamos poemas, lecturas diversas, escribimos contos sobre piratas, completamos retos, aprendemos vocabulario sobre o mundo pirata en galego e en inglés, disfrazámonos de piratas no entroido... Para rematar participamos nunha busca do tesouro e... atopámolo!

        Premede na imaxe para ver o resultado da busca do tesouro!

                         

Normas da biblioteca con Lectura Fácil

 Ao longo deste curso foron moitas as adaptacións que fixemos na nosa biblioteca para chgar a todos os nenos e nenas. Entre outras, adapatamos as normas da biblioteca á Lectura fácil, unha forma de crear documentos que son  máis fáciles de entender.


Velaí tedes o resultado!