RUXI RETO 5: SOMOS BOOKTUBERS!
Con motivo do Día Internacional do Libro, o vindeiro 23 de abril, propoñemos o seguinte reto:
Esta vez trátase de gravar un pequeno vídeo, duns 20 segundos
aproximadamente, recomendando un libro que vos gustou moito, o voso
libro favorito, lendo un texto dese libro que vos encanta ou representando
un cachiño dunha historia ou conto.
Podedes seguir este guión ou crear o voso propio:
- Saúdo.
- Presentámonos.
- Recomendación/lectura dun anaco do libro/representación.
- Non te esquezas de dicir o título e o autor ou autora do libro.
- Na recomendación non podedes desvelar o final!
Podedes crear un decorado especial para a ocasión ou simplemente utilizar a librería onde teñades os vosos libros. Podedes saír sós ou facelo en familia. Hai un sinfín de posibilidades!
Creatividade e imaxinación ao poder!
Deixamos unha mostra de “booktuber”que o alumnado de 6ºA fixo cando estaba en 4º.
Ademais deixamos este vídeo dee Isabel Lucía coa representación dunha parte do conto "Os tres porquiños", momento no que o lobo soprou e soprou e... que pasou?
Unha vez teñades todo feito podedes envíalo a este correo do cole:
Indica o teu nome e apelidos e o curso, título e autor/a do libro que recomendades e autorización das vosas familias para publicalo.
Recibimos as vosas colaboracións ata o 22 de abril, así poderémolo
publicar o 23 de abril.
CÁMARA E... ACCIÓN!