lunes, 16 de diciembre de 2013

Antoni Tàpies

Ola amiguiños!!

A semana pasada celebrouse unha data moi especial xa que, o venres día 13 cumpríanse nada máis e nada menos que 90 anos do nacemento de Antoni Tàpies, un dos máis importantes artistas españoles do siglo XX. Pintor, escultor e teórico da arte nacido en Barcelona, Antoni Tápies é considerado un dos principais expoñentes mundiais do Informalismo.

De formación autodidacta, Tàpies creou un estilo propio dentro da arte de vanguardia do siglo XX, no que combinaba a tradición e maila innovación dentro dun estilo abstracto pero cargado de simbolismo.

Para que poidades coñecer algo máis sobre a figura e obra deste gran artista español, aquí vos deixamos o enlace da páxina web da súa fundación: http://www.fundaciotapies.org

E para que poidades ver unha mostra da súa obra pictórica, aquí vos deixamos este video que recolle algunhas das súas creacións máis coñecidas e famosas non só a nivel nacional, senón tamén mundial:



Un RUXI - SAÚDO  a todos e lembrade, sempre que poidades, non dubidedes en acudir a visitar algunha exposición de arte, pois a arte enriquécenos como persoas.

lunes, 2 de diciembre de 2013

Para todos os amantes da boa música

Ola amiguiños!!

Hoxe é unha data moi especial para todos os amantes da música, da boa música, xa que tal día como hoxe naceu hai 90 anos en Nova York a soprano Ana María Cecilia Sofía Kalogeropoúlou, máis coñecida en todo o mundo como María Callas, a gran diva da música lírica e para moitos a maior figura da música ópera do siglo XX.
 
Dende aquí a nosa homenaxe a esta grandísima figura do "bel canto" e, para todos os que non tivéstedes a ocasión de disfrutar da súa arte, aquí vos deixamos un video cunha das súas interpretacións. Tomade asiento, relaxádevos e preparádevos para disfrutar de "La Divina" (apodo conque era coñecida).
 
Un RUXI-SAÚDO a todos!!
 
 

jueves, 28 de noviembre de 2013

Exposición de premios

Ola amiguiños!!

Xa podedes deleitarvos coa exposición dos premiados nos concursos do magosto 2013 que se atopa na entrada do colexio. Noraboa de novo a todos os galardoados e, asemade, a todos os nenos e nenas do colexio e ás súas respectivas familias por participar e crear auténticas obras de arte.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


martes, 26 de noviembre de 2013

Gracias ás familias dos nosos alumnos e alumnas

Ola queridas familias!!

Hoxe o noso agradecemento vai dirixido a todos vós, xa que gracias á colaboración das familias as diferentes actividades propostas dende o colexio poden ser levadas a cabo. Neste caso, queremos agradecervos a vosa colaboración á hora de participar nos diferentes concursos organizados para a celebración do magosto. Ahí vai un diplomiña para todos vós!!

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


Premiados nos concursos do magosto

Ola amiguiños!!

Xa temos os premiados nos diferentes concursos que levamos a cabo este ano durante a celebración do Magosto. A lista de galardonados foi a seguinte:

Educación Infantil

Castaña máis pequena:         Dayra Araújo Cabarcos         (5 anos A)
Castaña máis grande:           Raquel Rodríguez González  (4 anos B)
Castaña mellor disfrazada:   Hugo Prol Vázquez                (4 anos B)




Educación Primaria

Castaña máis pequena:        Diego Méndez Vázquez  (4º B)
Castaña máis grande:          Antón Morales Perdiz      (3º B)
Castaña mellor disfrazada:  Hugo Borrajo Peleteiro    (1º A)
Mellor composición:             Paula López Forneiros    (3º A)






Noraboa rapaces... tanto aos premiados como a todos e todas cantos participástedes!!

Un RUXI - SAÚDO  e ata o magosto do ano que vén!!

jueves, 21 de noviembre de 2013

Tríptico informativo

Ola amiguiños!!

En breve comezaremos a distribuír o tríptico que elaboramos para por no voso coñecemento aquela información máis relevante relativa a nosa biblioteca, o seu funcionamento, os servicios que ofrece así como outros datos relevantes.

Nembargantes, para todos aqueles que desexedes botarlle un vistazo cando non o teñades a man, aquí vos deixamos unha copia no noso blog.

Un RUXI - SAÚDO a todos, e non dubidedes en pasarvos pola biblioteca cando vos apeteza!!

miércoles, 20 de noviembre de 2013

20 de Novembro. Día Universal da Infancia

Ola amiguiños!!

Hoxe é unha data moi especial no calendario xa que celebramos o Día Universal da Infancia ou, como tamén é coñecido, o Día Internacional dos Dereitos do Neno.
 
Nesta data lembramos todos que os nenos son persoas co dereito a ser coidados, educados e protexidos. Persoas con dereito a divertirse, a aprender e a poder expresarse. Persoas con dereito a ir á escola, a recibir os coidados médicos que precisen e a alimentarse para garantir o seu axeitado desenvolvemento en todos os aspectos independentemente do lugar onde naceran.
 
Para que poidades descubrir todos estes dereitos aos que os nenos e nenas do mundo enteiro teñen dereito, non dubidedes en botarlle un vistazo ao seguinte video.
 
Un RUXI - SAÚDO nenos e nenas do mundo enteiro!!
 
 
 

jueves, 14 de noviembre de 2013

Ahí vai un RUXI - aviso!!

Ola amiguiños!!

Xa tedes á vosa disposición unha nova páxina no noso blog. A páxina en cuestión leva por título "As nosas creacións" e nela, poderedes atopar aquelas creacións que durante os diferentes cursos vaiamos elaborando con motivo das diferentes actividades que se vaian celebrando.

Agardamos que vos guste, e que disfrutedes coas creacións de alumnos e mestres.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


jueves, 7 de noviembre de 2013

Concurso "A castaña mellor decorada": creatividade sen límites

Ola amiguiños!!

Este ano, para celebrar o magosto, ademáis das diferentes actividades festivas propias desta data que se realizan (ambientación do colexio, traballo de contidos referidos ao magosto, asado de castañas con fogata incluída, xogos e diversión, etc), no colexio organizamos tres concursos que toman como elemento principal o ingrediente esencial do magosto: a castaña.

O primeiro concurso consiste en atopar e traer á escola "A castaña máis grande" posible. O segundo concurso pretende todo o contrario, ser capaz de atopar e traer á escola "A castaña máis pequena". E por fin, o terceiro e derradeiro concurso que leva por título "A castaña mellor decorada" foi o que provocou que ata a escola foran chegando verdadeiras "obras de arte" construídas tomando como base as castañas.

Sen dúbida, a creatividade dos nosos alumnos e familias deixounos a todos abraiados polo resultado tan espectacular que se acadou, e se non o credes, botádelle un vistazo a estas "fantásticas creacións castañeiras". A verdade é que decidir cal será o gañador ou gañadora vai ser tarefa moi pero que moi complicada.





Pero... esperade, esperade... que aínda hai máis!!



Por certo, pedimos perdón se algunha das fantásticas creacións que trouxéstedes ata a escola non quedou reflexada no blog, pero é que, ata o mesmísimo último momento non deixaron de chegar novas obras de arte, incluso despois de ter concluída esta montaxe fotográfica para que todos disfrutarades delas.

Un RUXI - SAÚDO a todos e xa sabedes, a disfrutar do magosto!!

A importancia das castañas en Galicia

Ola amiguiños!!

Como xa sabedes, as castañas son sen dúbida o ingrediente principal da festa do Magosto pero, sabedes realmente canta importancia tivo e ten este alimento na nosa querida terra galega? Pois para que poidades facervos unha idea da súa importancia histórica aquí vos deixamos este pequeniño video.

Agardamos que vos guste. Un RUXI - SAÚDO a todos!!


Preparádevos, que chega o tempo das castañas!!

Ola amiguiños!!

Como xa vos dariades conta, o magosto está a piques de chegar. É máis, mañá celebraremos o Magosto por todo o alto no noso colexio e poderemos deleitarnos coas castañas tan saborosas que xa temos preparadas para darnos un verdadeiro festín.

Para que vaiades abrindo boca e ir entrando en ambiente, aquí vos deixamos esta divertida canción para que movades o esqueleto a ritmo de castañas.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!




Lembrando o Samaín

Ola amiguiños!!

Como ben sabedes, ao longo da semana pasada estivemos celebrando o Samaín no colexio con diferentes e diversas actividades, tanto para pequenos como para maiores: traballo con contos de medo, ambientación da biblioteca e do colexio, exposicións de cabaciñas, traballo de contidos de Samaín e Halloween nas aulas, manualidades terrorificamente divertidas, elaboración de relatos de terror, lecturas grupais dos relatos creados, disfraces de Samaín...

Para lembrar algunhas das cousas que fixemos aquí vos deixamos estas fotografías. Agardamos que o pasarades moi ben no noso RUXI - Samaín

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


martes, 29 de octubre de 2013

Preparados para tremer co medooooo?

Ola amiguiños!!

Xa que vos gustan as historias de terror, agardamos que o vindeiro día 30 non faltedes á biblioteca para asistir a xornada de relatos de terror que terá lugar ao longo de toda a mañá. 

Os contos e relatos de terror serán lidos por compañeiros vosos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Se vos atrevedes e non vos inunda o pánico, non dubidedes en asistir. O horario por clases será o seguinte:


lunes, 28 de octubre de 2013

A quen lle gusta os relatos de terror?

Ola amiguiños!!

Como xa sabedes, o Samaín está a volta da esquina. Para todos aqueles e aquelas que vos gustan os relatos de terror aquí tedes a colección de libros de medo que se atopan a vosa disposición na biblioteca do colexio. Agardamos que vos gusten.

Un RUXI - SAÚDO e que pasedes un terrorífico Samaín!!




jueves, 24 de octubre de 2013

Imos pasalo de meeeedooooooooooooo!!!!!!!




Gifs Animados de Halloween, parte 1



Ola amiguiños!!

Un curso máis imos celebrar O Samaín. Este curso gustaríanos que a partir de mañá trouxerades cabazas decoradas ben bonitas para celebrar O Samaín e, así, asustar ao medo!! Con elas faremos unha fermosa exposición a partir do luns.

O día 30 de outubro (mércores), podemos traer tamén algún complemento no noso vestiario que faga referencia á época do Samaín: un gurro de bruxiña, unha araña de xoguete, unha vasoira, un xersei de esquelete... o que se nos ocurra.

Pero, por que cabazas?

A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta e marcaba a transición do outono ao inverno. Nesta noite, as ánimas dos fnados voltan a visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer os alimentos que, con agarimo, lles teñen preparados os parentes.

Os celtas chegaron a Galiza hai aproximadamente 2.600 anos e, ademáis dos seus adiantos científicos e técnicos, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Eran politeístas e adoraban a moitos deuses que representaban as forzas da natureza e as condicións do espíritu.

A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro era unha festa que se facía para honrar a deidade Samaín. Era costume que os celtas colocaran velas rudimentarias no interior das caveiras para esconxurar os perigos desa noite (a volta dos mortos ao mundo dos vivos).

Esperamos que o pasedes moi ben tallando en familia a vosa cabaza do Samaín. 

Un RUXI - SAÚDO a todos e preparádevos.... porque imos pasalo de meeeeeeeedoooooooooooo!!!!!!

jueves, 10 de octubre de 2013

Premio Nacional de Poesía 2013

Ola amiguiños!!

Este ano, o Premio Nacional de Poesía ten nome galego, xa que o xurado encargado de entregar este galardón, decidiu que o premio recaese na figura do poeta coruñés Manuel Álvarez Torneiro pola súa obra "Os Ángulos da Brasa" publicado no ano 2012 na editorial Kalandraka (colección Tambo), obra que tamén xa recibiu con anterioridade o Premio da Crítica da Poesía en Lengua Galega e mailo Premio Ánxel Casal entre outros.

Se queredes un pequeniño anticipo do contido deste estupendo poemario, non dubidedes en acceder ao seguinte enlace: http://issuu.com/kalandraka.com/os-angulos-da-brasa





Dende aquí, a nosa máis sincera noraboa polo recoñecemento a obra e figura de Manuel Álvarez Torneiro. 

Un RUXI - saúdo!! 

martes, 8 de octubre de 2013

A festa galega do cómic!!

Ola amiguiños!!

Queremos informarvos que dende o pasado día 3 de Outubro, e ata o vindeiro día 27 deste mes, o Museo Municipal acollerá as 4 exposicións que este ano compoñen o certame correspondente á XXV Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.


Para máis información non dubidedes en premer no seguinte enlace: http://xornadasbdourense.com/

Asemade, no presente certame entregarase o Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa, orientado a distinguir aquelas propostas e traxectorias destacadas no panorama da banda deseñada galega, e que nesta ocasión recaiu na revista  OINK! A revista do Xabarín Club.




Para máis información sobre esta revista pensada para os nenos e nenas galegos non dubidedes en premer no seguinte enlace: http://revistaoink.com/

Un RUXI - saúdo e lembrade... a banda deseñada mola!!




miércoles, 18 de septiembre de 2013

Jean Bernard Léon Foucault

Ola amiguiños!!

Hoxe é un día moi especial para todos os apaixoados da ciencia xa que, hai nada máis e nada menos 194 anos, tal día como hoxe naceu en París o físico e óptico francés Jean Bernard Léon Foucault. Entre as súas aportacións máis importantes atópase o feito de ser o primeiro en demostrar experimentalmente o movemento de rotación da Terra mediante o seu mundialmente coñecido "péndulo de Foucault" que se balanceaba no observatorio de París.
 
 
 
 
 
Dende aquí, queremos render a nosa modesta homenaxe a esta gran figura da ciencia.
 
Un RUXI - saúdo a todos e lembrade... a ciencia mola!!

jueves, 12 de septiembre de 2013

Benvidos ao cole!!

Ola amiguiños!!

Xa estamos de novo de volta. As vacacións remataron e comezamos un novo curso escolar. Esperamos que veñades todos coas pilas cargadas a tope porque este ano son moitas as actividades que queremos realizar para que todos e todas disfrutedes da biblioteca

Pronto teredes novas así que preparados, listos, que esto comeza!!!!!!!!

Un RUXI - saúdo a todos!!

Colegio (61)

miércoles, 5 de junio de 2013

Federico García Lorca, maestro do teatro e da poesía

Ola amiguiños!!

Tal día como hoxe, fai nada máis e nada menos 115 anos, naceu en Fuente Vaqueros (aldea andaluza da vega granadina) o que é considerado por todos como un dos meirandes poetas españois do siglo XX e unha das figuras máis importantes e que máis impulsou o mundo do teatro na súa época: Federico García Lorca.
 
Dende aquí queremos rendir a nosa homenaxe a esta grandísima figura da "Generación del 27" e para que coñezades un pouquiño máis sobre a súa vida, aquí vos deixamos un fantástico video feito a partir das súas propias fotos.
 
Agardamos que vos guste. Un RUXI - saúdo!!
 
 

miércoles, 29 de mayo de 2013

Día de Festival

Ola amiguiños!!

Mañá vai ser unha xornada moi especial xa que, seguindo coas actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas, no colexio celebraremos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2013.

Nel participarán nenos de tódolos cursos con actuacións nas que o galego, a nosa lingua, cobrará un papel protagonista. Teremos TEATRO, BAILES E DANZAS, REPRESENTACIÓNS INSTRUMENTAIS, CANTIGAS, RAP... e moitas e divertidas sorpresas.

Para que vos fagades unha idea, aquí vos deixamos o programa do Festival. Agardamos que acudades todos e que disfrutedes moito desta xornada tan festiva.

Un RUXI - saúdo!!




lunes, 27 de mayo de 2013

Descubrindo Aquis Querquennis

Ola amiguiños!!

Hai uns días, os nosos compañeiros de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de realizar unha interesante viaxe no tempo e é que, durante unhas horas, puideron trasladarse ata a vida dun antigo poblado romano. Sí, sí... de verdade que sí!!

Pero para iso non tiveron que empregar ningunha máquina do tempo nin aparello semellante. Só fixo falta viaxar ata Bande para coñecer as ruinas de AQUIS QUERQUENNIS, un antigo campamento no que moraron auténticas lexións romanas e que se atopa situado nas beiras do río Limia medio afundido no pantano Das Conchas.

Agardamos que disfrutarades da viaxe e, para todos aqueles que non puidéstedes ir, aquí vos deixamos un video no que vos podedes facer unha idea aproximada do que poderedes atopar si decidides visitala.

Un RUXI - saúdo!!





Lembrando a Celso Emilio Ferreiro

Ola amiguiños!!

Como ben lembraredes, hai uns meses celebrouse o Día de Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, coincidindo co centenario do seu nacemento.

Pois ben, os alumnos de 6º realizaron naquel momento tarefas de investigación acerca de esta importantísima figura da literatura galega. Froito daquel traballo, unido á formación destes alumnos en novas tecnoloxías, nace a seguinte proposta audiovisual realizada por EIRA e ALDARA sobre o seu coñecido poema MORAIMA proposta audiovisual que, dende a biblioteca escolar, desexamos compartir con todos vós.

Sentádevos cómodamente e disfrutade deste espléndido traballo realizado polas nosas compañeiras EIRA e ALDARA. Noraboa rapazas!!!

Un RUXI - saúdo!!


jueves, 23 de mayo de 2013

Éxito de público e crítica!!

Ola amiguiños!!

Tal e como vos informamos en datas pasadas, o Grupo de Teatro do CEIP "O Ruxidoiro" acudiu ao certame teatral de Bande para estrear a súa obra "AO DOUTOR ALONSO MARÉANO"  .
 
Segundo a crítica do público que puido ver a obra e mais dos máis expertos teatrais do momento, a obra só pode calificarse como EXTRAORDINARIAMENTE DIVERTIDA, MAGNÍFICAMENTE INTERPRETADA e FANTÁSTICAMENTE DIRIXIDA.
 
Dende aquí so nos queda decirvos.... NORABOA ARTÍSTAS!! Gracias por extender a semente do teatro e maila interpretación por todos e cantos se puideron deleitar co voso traballo.
 
Un RUXI - saúdo!!

Teatro Lido "Roberto Vidal Bolaño"

Ola amiguiños!!

Como xa vos adiantamos días atrás, outras das actividades que programamos desenvolver nas dúas semanas seguintes ao Día das Letras Galegas celebrado o día 17 de maio consistía nunha xornada de Teatro Lido de Diferentes Fragmentos de Obras de ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

Nesta ocasión, foron os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria os que encargaron de acercar a figura deste dramaturgo aos seus compañeiros de Educación Infantil por medio pequenos retais de obras moi coñecidas de Vidal Bolaño.
 
Agardamos que tanto pequenos como maiores disfrutaran desta experiencia e se enriquecerán mutuamente gracias a ela.
 
Un RUXI - saúdo!!
 
 

Apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Día 3

Ola amiguiños!!

Onte tivemos a terceira e última xornada de apadriñamentos e amadriñamentos lectores, aínda que vendo o éxito que tiveron moi seguramente non serán as últimas.
 
Nesta ocasión os destinatarios das historias e contos preparados polos alumnos de 6º de Educación Primaria foron os nosos estudiantes máis pequechiños: os nenos e nenas de 3 aniños de Educación Infantil.

A verdade é que quedaron encantados coas historias que lles contaron e, se non o credes, mirade que atención prestaban e que cariñas de curiosidade amosaban.

Un RUXI - saúdo!!


Que doce arrecendo!!!!!!!



Ola amiguiños!!

Está a piques de saír do forno o noso suculento LIBRO DE POEMAS ILUSTRADOS EN GALEGO

Si, si... se vos concentrades poderedes notar como xa chega ata nós o seu doce arrecendo. Permanecede atentos porque en nada, poderedes degustar este suculento manxar, propio dos paladares máis exquisitos xa que a orixinalidade, creatividade e imaxinación dos seus autores (nenos e nenas do CEIP "O Ruxidoiro") non ten fin.

Un RUXI - saúdo!!

miércoles, 22 de mayo de 2013

Apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Día 2

Ola amiguiños!!

Onte fixo moi bo día. Un sol esplendoroso ficaba no máis alto do ceo e para celebrar a segunda xornada de apadriñamentos e amadriñamentos lectores pensamos que sería unha gran idea sairmos ao aire libre e disfrutar do bo tempo á vez que dunha boa historia. 

Así, os nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Educación Primaria non dubidaron en levar aos alumnos e alumnas de 4 anos de Educación Infantil para o patio, para a horta, para os porches cubertos... e trasladalos a un mundo de imaxinación e fantasía cos fermosos contos que prepararon para eles.

Agardamos que tamén os nenos e nenas de 4 anos disfrutaran da experiencia e que, cando vexan a algún compañeiro seu de 6º de Educación Primaria non dubiden en agradecerlles esta fermosa experiencia.

Un RUXI - saúdo!!


martes, 21 de mayo de 2013

Apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Día 1

Ola amiguiños!!

Seguramente os que onte andivéstedes polo colexio vos estrañariades moito ao ver grupiños de nenos e nenas de Educación Infantil polas escaleiras, nos pasillos, ou na biblioteca mirando e escoitando totalmente ensimismados todo aquelo que lles contaban compañeiros e compañeiras de 6º de Educación Primaria. Que raro, nos vos parece?

Pois ben, todo isto ten unha explicación moi sinxela, e é que onte comezaron os apadriñamentos e amadriñamentos lectores, nos que os compañeiros e compañeiras de 6º deleitaron aos nenos e nenas de 5 anos con fermosas historias, con intrépidos contos e con fantásticas aventuras que previamente prepararon para ser por eles narradas.

Agardamos que vos gustase a experiencia e, xa sabedes, se vos atopades con algún compañeiro ou compañeira de 6º non dubidedes en dárllelas gracias por transmitirnos a maxia dos contos. 

Un RUXI - saúdo!!


lunes, 20 de mayo de 2013

Semana das Letras Galegas

Ola amiguiños!!

Estas próximas 2 semanas continuaremos coas actividades vinculadas ao Día das Letras Galegas celebrado o pasado 17 de Maio. As actividades programadas para os vindeiros días serán as seguintes:

APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES

- Día 20 de maio: 5 anos A e B
- Día 21 de maio: 4 anos A e B
- Día 22 de maio: 3 anos A e B

XORNADAS DE TEATRO

- Teatro lido para Educación Infantil: 22 de maio
- Teatro e actividades para Educación Primaria: 29 de maio
- Teatro para Pais e Nais: 30 de maio

Como podedes ver, a oferta proposta e ampla e ven a completar ao resto de actividades xa desenvoltas durante os días previos ao 17 de maio. Agardamos que todos disfrutedes delas. Un RUXI - saúdo!!

martes, 14 de mayo de 2013

Rindo, disfrutando, imaxinando

Ola amiguiños!!

Onte foi unha xornada verdadeiramente divertida na que, seguindo coas xornadas de contacontos en galego que estamos a levar a cabo coincidindo coa celebración o próximo venres do Día das Letras Galegas, tivemos a ocasión de disfrutar co mundo de imaxinación e diversión que nos ofreceu a gran Sabela Gago.

Pequenos e maiores disfrutamos cos contos de Sabela, contos nos que os nosos propios alumnos se converteron por un momento en actores improvisados. Dende aquí, dámosche as gracias Sabela por facernos disfrutar tanto cos contos e relatos que nos agasallaches.

Un RUXI - saúdo!!



E, para que disfrutedes un pouquiño da súa actuación, aquí vos deixamos unhas perliñas:


Disfrutando dun bo conto

Ola amiguiños!!

Estes días previos á celebración do Día das Letras Galegas estamos levando a cabo na escola varias xornadas de contacontos en galego, dirixidas a todo o alumnado do noso colexio, dende os máis pequechiños de 3 anos ata os nosos alumnos máis maiores de 6º de Educación Primaria.

Nesta ocasión, o contacontos Iago López foi o encargado de sumerxir aos compañeiros de Educación Infantil nunha fantástica e divertida historia titulada "LINDA Á ESPREITA", conto do autor Alexandre Steffensmeirer.

Agardamos que disfrutarades moito con este fermoso conto!! Un RUXI - saúdo!!


lunes, 13 de mayo de 2013

Grupo de teatro do CEIP "O Ruxidoiro"

Ola amiguiños!!

Mañá será un día moi especial pois o Grupo de Teatro do CEIP "O Ruxidoiro" fará o seu debut no Certame de Teatro de Bande onde de seguro acadarán un grandísimo éxito. 

O grupo de teatro do CEIP "O Ruxidoiro" está composto por alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria quenes, baixo a dirección das profesoras Marosa e Maricarmen, se embarcaron nesta fantástica e ilusionante aventura gracias a cal, puideron disfrutar da maxia do teatro e, á vez, facernos disfrutar a todos nós con eles.

Dende aquí, queremos transmitirvos toda a nosa admiración e facervos saber que todo o colexio está moi orgulloso de vós e do voso fantástico traballo, levado a cabo durante longas horas de ensaios sacrificando moitos dos vosos recreos e horas libres. 

Seguro que mañá o faredes xenial e, de parte de todos nós, queremos desexarvos moitaaaaaa sorteeeeeee ou, como se di no mundo do teatro, moitaaaaaaaaaaaa...................!!

Un RUXI - saúdo!!

domingo, 12 de mayo de 2013

Aprendendo máis sobre Roberto Vidal Bolaño

Ola amiguiños!!

Esta semana é moi especial para todos os amantes do mundo da literatura en todas e cada unha das súas vertentes, xa que o día 17 celébrase o Día das Letras Galegas. Como xa vos adiantamos no blog fai uns días, este ano o homenaxeado será o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Para que poidades aprender máis sobre a súa figura, a súa obra e a contribución literaria deste dramaturgo aquí tendes unha compilación de ACTIVIDADES LIM creadas polo Grupo de Traballo SEMINARIOGALAN.ORG.

Escollede aquela que se adapte ao voso ciclo educativo e... a aprenderrrrrrr!!!!!!!!

Un RUXI - saúdo!!

EDUCACIÓN INFANTIL









1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA










2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA











3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA







Contos Ilustrados

Ola amiguiños!!

A semana pasada os nosos compañeiros de Educación Infantil de 5 anos puideron disfrutar dun encontro moi especial, xa que visitaron a nosa biblioteca nada máis e nada menos que Olalla González e Mark Taeger, para levar a cabo unha sesión de CONTOS ILUSTRADOS onde, a partir do título "O soño de Matías" do autor Leo Leonni, sumerxiron aos alumnos de Educación Infantil nunha viaxe a través dos contos facendo referencia a diferentes pintores contemporáneos.

Dende aquí queremos darlle a nosa máis sincera noraboa tanto a Olalla como a Mark por agasallarnos cunha xornada tan máxica na que, os contos, nos fixeron verdadeiramente disfrutar.

Un RUXI - saúdo!!


miércoles, 8 de mayo de 2013

Preparándonos para o Día das Letras Galegas

Ola amiguiños!!

O vindeiro 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano honrarase neste día a figura do dramaturgo compostelano ROBERTO VIDAL BOLAÑO (1950-2002) nun claro recoñecemento ao mundo do teatro do que foi importante figura.

Esta semana comezamos xa os preparativos para celebrar data tan especial e así, durante todos estes días tedes a posibilidade de disfrutar dunha exposición situada no hall do centro na que poderedes acercarvos a vida e obra deste gran dramaturgo galego.

Un RUXI - saúdo!!