martes, 22 de noviembre de 2022
A RAPAZADA DO RUXIDOIRO DI BASTA!
domingo, 20 de noviembre de 2022
ÁS DE MOSCA PARA ANXO
O pasado venres tivemos unha nova reunión no Ruxi Club. Nesta ocasión debíamos ler ata o capítulo 17. Todos os participantes leron ata onde acordamos e houbo quen incluso adiantou a lectura.
Os comentarios sobre o que levamos lido foron moi positivos. Os rapaces e rapazas falaron do que máis lles gustou e tamén comentaron comportamentos que non lles gustaron nada, que non se deben consentir, como cando os compañeiros e compañeiras fan burla da protagonista da historia.
Acordamos acabar a novela para a próxima reunión, que será en 15 días.
sábado, 19 de noviembre de 2022
DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
A Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada o 20 de novembro de 1989 tras máis dunha década de traballo no texto, establece catro principios que deixan claro que nenas e nenos, aínda que sexan seres en desenvolvemento:
- Non discriminación.
- Interese superior do neno e da nena.
- Dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento.
- Dereito á participación.
Imaxinades un mundo no que non teñades nome? Un mundo no que vos falte un lugar para vivir? Un mundo sen xogos? ou un mundo no que non se trata con agarimo e respecto aos nenos e nenas?
Custa imaxinalo, non si? Pois aínda hai países nos que hai nenos e nenas que sofren moito: teñen que traballar para manter ás súas familias desde ben pequenos, non poden ir á escola nin teñen xoguetes, non teñen familia ou nin siquera teñen unha casa onde vivir.
Na biblioteca podedes atopar moitas lecturas interesantes sobre os vosos dereitos e historias que nos contan como son as vidas de nenos e nenas noutros países.
Aí vos deixamos algunhas recomendacións!
viernes, 11 de noviembre de 2022
PRIMEIRA REUNIÓN CO ALUMNADO DO GRUPO 2
O pasado venres 4 de novembro tivemos unha nova reunión do Ruxi Club, nesta ocasión foi co alumnado de 6º de primaria participante no club de lectura e que pertence á segunda quenda, ó grupo 2.
A reunión foi moi amena e produtiva e a coordinadora do club propúxolles varias alternativas de lectura.
Os rapaces/as despois de valorar, debatir, ler os argumentos dos libros propostos e chegar a realizar unha votación... decidiron por maioría que a próxima lectura que se lerá no Ruxi Club, grupo 2, será "Ás de mosca para Anxo" da autora Fina Casalderrey.
Agardamos que vos guste!
jueves, 10 de noviembre de 2022
Actúa e non contamines
martes, 8 de noviembre de 2022
Mes da ciencia en galego nas bibliotecas
Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela asina o manifesto do mes da ciencia en galego.
Premede para ler o MANIFESTO.
Na biblioteca podedes investigar, aprender, descubrir ...
Aí vos deixamos a ligazón das bibliotecas escolares cunha chea de libros de ciencia en galego.
Premede AQUÍ
Durante o mes de novembro a biblioteca estará chea de experimentos. Queredes ver algún?
lunes, 7 de noviembre de 2022
Samaín na biblioteca
Velaí tedes o noso Samaín: contacontos de medo, relatos terroríficos, feitizos e conxuros ...
O alumnado de 4ºA crearon uns conxuros de meeeeedo que gravaron NA RADIO.
Aí deixamos a morea de actividades que fixemos resumidas nun vídeo terrorífico.
E polo Samaín contiños de medoooo NA RADIO!