lunes, 18 de diciembre de 2023

ÚLTIMA REUNIÓN DO RUXICLUB NO 2023

 Todo preparado para dar comezo a última reunión do Ruxi Club do 2023:                             

                     

 

O pasado venres celebramos a última reunión do Ruxi Club deste 2023. Tocaba sesión co Grupo 2, pero como era un día especial, a mestra encargada do Club quixo dar un pequeno agasallo a todo o alumnado que participa no Club de Lectura, así que reunímonos na biblioteca os dous Grupos para recibir un pequeno doce.

                      

 Logo de desexarnos Boas Festas e felicitarnos o Ano Novo, os integrantes do Grupo 1 marcharon e quedamos reunidos o Grupo 2 tal e como estaba previsto.

A reunión deu para moito, rematamos de comentar o libro que estábamos a ler "Plan de rescate" de Antía Yáñez. A rapazada comentou que se trata dun libro divertido, de intriga e que lles gustou bastante.

Como xa vai sendo habitual, ao rematar de intercambiar impresións sobre o libro, a coordinadora do Club preparaulles un Pasapalabra sobre o mesmo. Pásamolo pipa! Acertaron todas as preguntas!

 

                    

 Unha vez rematado o Pasapalabra tocou escoller a nova lectura... A decisión estivo moi axustada...

 

                    

 

E a próxima lectura será...

 

                              

                       O Equipo da Biblioteca deséxavos

                         Boas Festas e Boas Lecturas!!!

 

jueves, 14 de diciembre de 2023

Volver a casa por Nadal!

 Remata o trimestre, chega o Nadal que nos trae moito tempo para compartir cos nosos seres queridos. 

@S Axudantes da biblioteca xa comezaron a decorala con esta árbore de contos.

Tempo para xogar, divertirnos, para as xuntanzas pero, sobre todo, tempo para CANTAR E LER!

Velaí tedes unhas recomendacións de panxoliñas de Nadal

         
E para rematar o trimestre deixamos unhas suxestións de lecturas para desfrutar este Nadal.

martes, 5 de diciembre de 2023

SOPA DE EUROPA CO GRUPO 1

 O pasado venres tivemos unha nova xuntanza co Grupo 1 do Ruxi Club. A rapazada escollera "Sopa de Europa" do autor Rafael Ordóñez para comezar as lecturas deste curso.

Durante a reunión tivemos tempo de falar do libro, de comentar se nos gustara ou non, se o recomendamos a outros compañeiros/as, falamos dos países que saen no libro, o que máis nos gustou, curiosidades sobre gastronomía, arte...

Logo de intercambiar impresións sobre a lectura, a mestra responsable do Club propúxolles as rapazas xogar ao Pasapalabra sobre o libro. Pasámolo moi ben coas respostas, botamos unhas risas e divertímonos moito.

Noa Gil, unha alumna participante do Ruxi Club, non so leu o libro, tamén fixo un marabilloso traballo sobre o mesmo. Noa amosounos o resultado do seu esforzo, buscou e investigou, redactou e ilustrou sobre cada un dos países que aparecen en cada capítulo do libro.

Fantástico Noa, estamos moi orgullosas de ti!


Próxima lectura...



lunes, 4 de diciembre de 2023

Club de lectura: grupo 2

 O pasado venres 24 de novembro tivemos unha xuntanza no Club de Lectura co grupo 2. O alumnado deste grupo escollera "Plan de Rescate" de Antía Yáñez para comezar as lecturas deste curso.

A rapazada estivo moi participativa, houbo debates, críticas, preguntas, recomendacións sobre este libro, gustos e preferencias sobre determinados personaxes...

Queda moi pouquiño para rematalo, de momento, sen facer espoiler, está gustando moito.