miércoles, 31 de mayo de 2023

Andrea Maceiras no cole!

 Hoxe tivemos unha visita moi especial que alegrou moito ao alumnado de quinto e sexto.                   Andrea Maceiras! 

Escritora de literatura infantil e xuvenil, doutora en Filoloxía Hispánica e licenciada en Filoloxía Galega, ten unha morea de libros publicados tanto en galego como en castelán. 

O alumnado de quinto e sexto e máis os participantes no Club de lectura leron estes tres títulos. 


Velaí deixamos unhas fotos deste día memorable.




Grazas pola túa visita!