martes, 5 de mayo de 2015

Praia das Catedrais

Ola amiguiños!!

Estase aproximando a fin de curso e, como ben sabedes, a partires destas datas terán lugar moitas das saídas didácticas programadas para o presente curso. 

Así, en breve, os alumnos de 4º, 5º e 6º de Eduación Primaria realizarán unha visita á mundialmente coñecida Praia das Catedrais para coñecer de primeira man un dos entornos naturais e paisaxísiticos máis importantes da nosa comunidade. Ademáis, terán a posibilidade de visitar a fermosa vila de Ribadeo e os seus arredores en donde participar en diferentes actividades lúdicas e pedagóxicas. 

Para ique poidades coñecer un pouco máis acerca destes enclaves tan fermosos e espectaculares que visitaremos, aquí vos deixamos información acerca dos mesmos. 

Un RUXI - SAÚDO  a todos!!

PULSAR AQUÍ



VIDEO DA PRAIA DAS CATEDRAIS



VIDEO DA VILA DE RIBADEO

viernes, 24 de abril de 2015

Premio Cervantes 2014

Ola amiguiños!!


Como ben sabedes todos, coincidindo co Día do Libro, ten lugar a entrega do que podemos considerar o Nobel da Literatura en Lingua Castelá: o Premio Cervantes. Nesta ocasión, tan prestixioso e recoñecido premio recaeu na figura do novelista español Juan Goytisolo, nado en Barcelona o 5 de xaneiro de 1931.



Para que poidades coñecer algo máis sobre a súa vida e obra aquí vos deixamos unha pequena biografía desta gran figura da literatura española elaborada polo Instituto Cervantes.

PULSAR AQUÍ

Igualmente, aquí vos deixamos o discurso pronunciado por este célebre escritor durante o acto de entrega do Premio Cervantes. Un RUXI - SAÚDO a todos!!

PULSAR AQUÍ

Día do Libro 2015

Ola amiguiños!!

Este ano, unha vez máis, un día tan especial para todos os amantes da lectura como é o Día do Libro tivo un protagonismo especial no noso colexio. Nesta ocasión, para celebrar tan importante data, os nenos e nenas do colexio estiveron traballando desde distintas perspectivas un conto por todos coñecido como é Hansel e Gretel. Así, leváronse a cabo sesións de lectura, elaboracións de relatos, realización de manualidades, exposicións de libros... tomando como centro este famoso conto clásico. 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes para lembrar o que fixemos!!

Un RUXI - SAÚDO a todos!!









martes, 24 de febrero de 2015

Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

Ola amiguiños!!

Hoxe é unha data moi especial para a cultura e mailas letras galegas, xa que tal día coma hoxe, fai 178 anos, nacía en Santiago de Compostela a nosa gran poetisa Rosalía de Castro.

Para que poidades coñecer algo máis acerca da súa vida e obra non dubidedes en botarlle un vistazo ao seguinte vídeo. 



 
Vida de Rosalía de Castro

E para que disfrutedes dunha das súas creacións máis fermosas, aquí vos deixamos o coñecidísimo poema "Adiós ríos, adiós fontes" na voz do gran Amancio Prada.

Que o disfrutedes!!



Un RUXI - SAÚDO a todos!!