domingo, 11 de junio de 2023

Bibliotecas creativas

Ao longo deste curso participamos nas bibliotecas creativas a través do obradoiro    COSER E CANTAR!

Este obradoiro dividiuse en dous: un obradoiro de costura e outro de música con ukeleles.
Un día á semana o alumnado de quinto e sexto voluntario participou nestes obradoiros con moita ilusión.




Cóntame un conto!

 Durante os últimos días de xuño teremos unhas sesións de contacontos especiais pois virán á nosa biblioteca os mellores contadores de contos de tódolos tempos! 

Os nosos avós e as nosas avoas!