martes, 31 de marzo de 2020

 RUXI RETO 3: RECEITAS LARPEIRAS
Apetécevos compartir unas saborosas receitas de cociña? 
Collede un gorro e un mandil e ….
MANS Á MASA!
 O seguinte reto consiste en gravar audios ou vídeos en lingua galega  nos que nos contedes como se fai unha receita sinxela para que todos e todas podamos facela na casa.
 O obxectivo é practicar a lingua galega ao mesmo tempo que aprendemos a facer receitas exquisitas para pasar o tempo dunha maneira máis doce!
Debedes practicar un poquiño antes de gravar os audios/vídeos. O vídeo/audio deberá durar máximo 20 segundos.
 Podedes facer de dúas maneiras:
1-   Escribir a receita, acompañándoa de debuxos ou fotos e gravando un audio seguindo os pasos indicados.
2-    Gravar un vídeo seguindo os pasos.
 Unha vez teñades todo feito podedes envíalo a este correo do cole:
Indica o teu nome e apelidos e o curso e autorización das vosas familias para publicalo.
DATA DE ENTREGA(aproximada): luns 6 de abril
Podedes descargar o ficheiro adxunto para poder escribir a receita ou premede AQUÍ.

domingo, 29 de marzo de 2020

Estimadas familias,

Achegamos o resultado do segundo Ruxi Reto. Moitas grazas ás familias. 
 Enviamos tamén unha noraboa a todos os nenos e nenas que participaron neste vídeo. Fixestes un GRAN traballo!!!



Sara Demelos enviou un audio cunha mensaxe para os seus compis.

Álvaro de 6º de Infantil tamén nos deixou este vídeo tan chulo.

Seguide atent@s á web  e ao blog da biblioteca para máis retos e novidades.

Moito ánimo a todos os nenos e nenas! 


martes, 24 de marzo de 2020

Deixámosvos un fermoso conto de Loida Fernández, unha actriz adicada a interpretación para nenos e nenas en Ribeira. Esperamos que vos guste!

Atrevédesvos a escribir este conto e a ilustralo?
Tamén podedes contalo ou cantalo á vosa maneira.
Enviade a este correo as vosas propostas: ceiporuxidoiro@gmail.com

lunes, 23 de marzo de 2020




Estimadas familias,
Achegamos o resultado do primeiro Ruxi Reto. Moitas grazas ás familias e ao profesorado participante.  seguide atent@s á web  e ao blog da biblioteca para máis retos e novidades.

Co desexo de vernos pronto e que esteades todos e todas sans e a salvo.
#EUQUEDONACASA

#RUXIDOIROSOLIDARIO

domingo, 22 de marzo de 2020



Galicia Le

Debido ao peche das bibliotecas, GaliciaLe habilitou un espazo para os empréstitos dixitais.
Deixamos aquí a ligazón para acceder 
BOAS LECTURAS!
https://www.galiciale.gal/

sábado, 21 de marzo de 2020



No Día Mundial da Poesía, deixamos un poema que escribiu unha mestra xubilada estadounidense, 
Kitty O´Mearasobre a pandemia global. 
Adicámolo, con todo o noso agarimo, ás persoas con Síndrome de Down. 

“E a xente ficou na casa.
E lía libros e escoitaba.
E descansaba e facía exercicio.
E creaba arte e xogaba.
E aprendía novas formas de ser, de estar quieto.
E se detiña.
E escoitaba máis profundamente.
Algúns meditaban. Algúns rezaban. Algúns bailaban
Algúns atoparon as súas sombras.
E a xente comezou a pensar de forma diferente.
E a xente curou.
E, en ausencia de persoas que viven na ignorancia e o perigo, sen sentido e sen corazón, 
a Terra comezou a sandar.
E cando pasou o perigo, e a xente uniuse de novo, lamentaron as súas perdas, tomaron novas decisións, soñaron novas imaxes, crearon novas formas de vivir 
e curaron a Terra por completo, 
tal e como eles foran curados".

viernes, 20 de marzo de 2020



No arquivo adxunto deixamos un contiño para ler e colorear cunha importante MISIÓN: ACABAR CO CORONAVIRUS
Queredes formar parte desta misión?
Descargade o arquivo no apartado de Animación á lectura da biblioteca do cole.


jueves, 19 de marzo de 2020


                           PANDEMIA DE CONTOS

O colectivo NOGA (Narración Oral Galega) comparte uns contos con vós para levar mellor #euquedonacasa durante a corentena. 

Seguídeos nesta canle para máis contos!

martes, 17 de marzo de 2020

RUXI RETOS

Nenos e nenas do Ruxidoiro: ATENCIÓN!
                                              Resultado de imagen de altavoz emoji
Queredes estar conectad@s con nós e cos vosos compañeiros e compañeiras participando nos retos solidarios que imos propoñer?
Cada semana imos lanzar un Ruxi Reto. Seguide as instrucións e ao finalizar a semana publicaremos unha sorpresiña con todas as vosas aportacións.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

RUXI RETO 1: MENSAXE SOLIDARIO
Hai un bechiño moi rebelde que anda circulando sen  permiso pola rúa. É moi sociable e gústalle quedar onde hai xente pero cando chega onde nós non nos deixa en paz. Fainos tusir, ter febre e parece coma se nos faltara o aire. Chámase Coronavirus e non nos gusta que quede entre nós. Temos que botalo fóra!
A mellor medicina para combatilo é quedar en casa, cumprir as instrucións que nos indican as autoridades sanitarias e axudar á nosa familia no que nos pidan.
Pero, non todos podemos quedar en casa! Hai moitos profesionais que están a facer un gran esforzo para os demais: o persoal sanitario que coida de nós, o persoal que traballa nos supermercados, transporte, tendas, o persoal de limpeza, policías, garda civil, bombeiros, persoal de asistencia á maiores e dependentes...
E moitos máis que nos fan a vida máis doada e máis segura.
Este persoal necesita do noso apoio e como non podemos saír ás rúas imos facer o noso reto en casa. Teñen que saber que os apoiamos e que estamos agradecidos pola seu esforzo.
Comezamos!
1.- Debuxa un arco da vella e escribe unha mensaxe de apoio. (despois pode quedar pegado na ventá da túa habitación como mostra de apoio)
2.- Podes enviar o teu debuxo ou ben gravar un pequeno vídeo amosando a túa obra de arte e dicindo a túa mensaxe engadindo #euquedonacasa.
Por exemplo: Grazas pola vosa labor. Eu quedo na casa
3.- Enviar o teu vídeo, debuxo a este correo do cole:
Indica o teu nome e apelidos e o curso e autorización das vosas familias para publicalo.
 Lembrade que todos os días ás 20:00h saímos aos balcóns, ás ventás a aplaudir para amosar o noso agradecemento.

ESPERAMOS AS VOSAS MENSAXES.
NO RUXIDOIRO SOMOS SOLIDARIOS!
#RUXIDOIROSOLIDARIO
#EUQUEDONACASA

miércoles, 4 de marzo de 2020

CANTAMOS CON SUSA HERRERA!




O pasado martes 3 de marzo contamos coa visita de
Susa Herrera para encher a nosa biblio de música e diversión.
Que ben o pasamos cantando e bailando!

As mestras de infantil e primaria tamén bailaron.
Xa son profesionais! 

#anosabibliomola

lunes, 2 de marzo de 2020


Contamos coas vosas ideas, creacións, aportacións, suxestións. 
#anosabibliomola
#poesíarosalía
#crearosalía
#marzoépoesía


                                 VISITA DE SUSA HERRERA!

O martes, 3 de marzo Susa Herrera visita a nosa biblioteca!
Xa estamos cos preparativos para recibir a Susa na nosa biblio.
Fainos especial ilusión porque coñecemos moitas das súas cancións e escoitala en directo será unha auténtica marabilla.
Queredes coñecer máis do traballo de Susa Herrera?
Mirade cantos libros musicais ten publicado, algúns xunto con Mamá Cabra.
 Se estes libros queres atopar,
   a biblio do Ruxidoiro terás que visitar!
Clicade na canción para escoitar