martes, 27 de mayo de 2014

NOVIDADE!!

Ola amiguiños!!

Hoxe estamos de estrea no noso blog, xa que a partires de agora atoparedes nel unha nova páxina dirixida tanto aos alumnos como aos pais e mestres a través da cal tentamos poñer á vosa disposición un conxunto de recursos encamiñados a facer un uso responsable e seguro de Internet.



A páxina leva por título NAVEGA CON RUMBO, xa que foi a partires das charlas que ofreceu no noso colexio o Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia sobre navegación segura en Internet cando xurdiu a idea de facer extensible ao resto da comunidade educativa toda a información e formación facilitada.

Agardamos que todos os recursos que agora tedes á vosa disposición vos sexan de utilidade e lembrade, Internet si, pero con sentidiño!!

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

lunes, 26 de mayo de 2014

Festival das Letras Galegas 2014

Ola amiguiños!!

Este ano, e xa vai un curso máis, celebraremos no colexio o Festival das Letras Galegas dentro das
actividades dirixidas a conmemorar o Día das Letras Galegas 2014 no que o homenaxeado foi o poeta Xosé María Díaz Castro. Coma tódoslos anos, o festival terá lugar en dúas datas diferentes:

- 29 de Maio a partir das 12:00 horas, para todos os nenos, nenas e profesores do colexio.

- 30 de Maio a partir das 12:15 horas, para pais, nais e demáis familiares dos alumnos escolarizados en EI e o 1º nivel do 1º ciclo de EP.

PROGRAMA DO FESTIVAL 2014
  • 3 ANOS A,B cantan e recitan: "O libro máxico" e "Dime que fixeches e onde estiveches" (escolma poética)
  • 4 ANOS A canta e baila: "A formiguiña"
  • 4 ANOS B canta e baila: "Eu son un artista"
  • 4 ANOS A,B recitan a ritmo de rap: "Escolma pola nosa fala" (Versos de C. Emilio e Manual María)
  • 5 ANOS A,B recitan e bailan: "Galicia" (poema de Manuel María) e "O rap da lingua" (Baile)
  • 1º A,B cantan: "Happy" (acompañada de montaxe fotográfica)
  • CONXUNTO DE BAILE DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: "Ela quere un anaquiño" (Baile moderno)
Agardamos que disfrutedes todos deste fantástico festival que con tanto cariño e esforzo vos teñen preparados os nenos e nenas do CEIP "O Ruxidoiro".

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

jueves, 22 de mayo de 2014

Navega con Rumbo

Ola amiguiños!!

A semana pasada tivemos a visita de Javier Riestra, técnico do Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia (CPEIG) para ofrecernos unha exposición didáctica dentro do plan Navega con Rumbo encamiñada a formar aos escolares para que fagan un uso seguro da Rede, evitando o ciberacoso así como outros riscos de Internet e todo coa finalidade última de que alumnos, pais e docentes aprendan a facer un uso responsable de Internet e de todas as posibilidades que nos ofrece.

Aquí vos deixamos un video resumo cos puntos fundamentais da charla ofrecida por Javier Riestra na aula de informática do CEIP “O Ruxidoiro”.


Un RUXI – SAÚDO a todos!!


lunes, 19 de mayo de 2014

Correlingua 2014

Ola amiguiños!!

Un ano máis, o noso colexio tomou parte no Correlingua, unha iniciativa lúdico - educativa que baixo o lema "O GALEGO. O PASO ADIANTE", trata promover e impulsar e fortalecer o uso da nosa tan querida lingua galega.

Nesta ocasión, foron os compañeiros de 3º e 4º de Educación Primaria os que tomaron parte nesta experiencia, na que se desenvolveron diferentes actividades ao longo de toda a xornada matutina do mércores 14 de Maio.

Para que poidades participar todos do Correlingua 2014 e asemade disfrutar da actuación que os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria realizaron no Auditorio Municipal de Ourense, aquí vos deixamos algunhas fotos e videos.







Un RUXI - SAÚDO a todos!!

domingo, 18 de mayo de 2014

Día das Letras Galegas

Ola amiguiños!!

Este ano o Día das Letras Galegas adícase á figura do poeta lugués nado en Guitiríz Xosé María Díaz Castro. Para que poidades coñecer algo máis sobre a súa vida e obra aquí vos deixamos un este video a través do cal poder acercarvos á vida e obra deste fantástico autor.
 


 
E para que poidades por a proba todo canto sabedes sobre o homenaxeado aquí vos deixamos un divertido Pasapalabra sobre a súa figura creado polos compañeiros do CEIP A Ponte de Lugo. Adiante e a ver se sodes quen de completar tódalas preguntas correctamente.
 
Un RUXI - SAÚDO a todos!!
 
 
PARA ACCEDER AO XOGO PREME AQUÍ
 

martes, 13 de mayo de 2014

Descubrindo o Mundo do Queixo

Ola amiguiños!!

Nestas datas nas que o bo tempo comeza a predominar, os diferentes cursos do noso colexio comezan as saídas didácticas coas que reforzar e ampliar as aprendizaxes que adquiren na escola. Así, esta semana pasada, os compañeiros de 3º e 4º de Educación Primaria dirixíronse ata Sobrado dos Monxes para visitar a Casa do Queixo, en donde puideron participar en distintas e diferentes actividades lúdicas, didácticas e deportivas:

- Talleres de reciclaxe
- Talleres de elaboración de queixo
- Competición de tiro con arco
- Visita a casa museo

Para que poidades lembrar o ben que o pasaron e todo canto aprenderon, aquí vos deixamos esta presentación que agardamos vos guste.



E para que coñezades algo máis desta vila así como do seus principais reclamos turísticos (o Mosteiro de Sobrado dos Monxes e o extraordinario entorno natural desta vila), aquí vos deixamos un par de videos.

Mosteiro de Sobrado dos Monxes

Lagoa de Sobrado dos Monxes

Disfrutando dun paseo a cabalo pola contorna

Un RUXI - SAÚDO.

jueves, 8 de mayo de 2014

Lembrando o Día do Libro 2014

Ola amiguiños!!

Como ben vos dixemos anteriormente, este ano o Día do Libro veu cargado de moitas e diferentes actividades conmemorativas que desenvolvemos no noso colexio, non so nesta data tan sinalada senon tamén durante os días previos e posteriores á mesma. Aquí vos deixamos unha recopilación das actividades realizadas. Agardamos que disfrutarades tanto coma nós das mesmas.

Un RUXI - SAÚDO  a todos!!