lunes, 29 de abril de 2013

Celebrando o día do libro

Ola amiguiños!!

O pasado martes día 23 de abril celebramos un día moi especial para todas as bibliotecas e para todos os amantes da lectura xa que nesta data conmemorouse o DÍA DO LIBRO.

Moitas foron as actividades que desenvolvemos durante os días previos a esta data e durante o propio día 23 de abril, todas elas coa finalidade de fomentar e disfrutar da lectura e do que o DÍA DO LIBRO significa.

Aquí vos deixamos un recordatorio dalgunhas das actividades que realizamos este curso. Un RUXI - saúdo a todos!!

- AMBIENTACIÓN DO COLEXIO DURANTE OS DÍAS PREVIOS






- TRABALLO SOBRE "PINOCHO" POR PARTE DOS ALUMNOS DE INFANTIL






- TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE O DÍA DO LIBRO POR PARTE DOS ALUMNOS DE 5º DE PRIMARIA






- TRABALLO SOBRE O CONTO "LA OCA DE ORO" DOS IRMÁNS GRIMM POR PARTE DOS ALUMNOS DE 2ºA





- VISIONADO DE CAPÍTULOS DE "DON QUIJOTE DE LA MANCHA" POR PARTE DOS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E DO 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA





- LECTURA DE FRAGMENTOS DE "DON QUIJOTE DE LA MANCHA" EN GALEGO, CASTELÁN E INGLÉS POR PARTE DOS ALUMNOS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA











- CANCIÓN DE TODO O COLEXIO SOBRE OS LIBROS





- PRESENTACIÓN DE DEBUXOS SOBRE O MUNDO DOS LIBROS DOS ALUMNOS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA




- VISIONADO DA PELÍCULA DONKEY XOTE PARA OS ALUMNOS DO 2º E 3º CICLOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA




- ENTREGA DE MARCAPÁXINAS CREADOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO COS DISEÑOS DE ALEXANDRE E EIRA (6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)





lunes, 15 de abril de 2013

Leonhard Euler

Ola amiguiños!!

Hoxe é unha data moi especial pois celébrase o 306º cumpleanos de Leonhard Euler, considerado en todo o mundo como o matemático máis importante do século XVIII e un dos máis grandes e prolíficos matemáticos de todos os tempos.
 
Nado en Basilea o 15 de Abril de 1707, fixo importantísmos descubrimentos en diversos campos matemáticos así como no mundo da mecánica, a óptica e a astronomía.
 
Dende aquí a nosa pequena homenaxe para este gran científico. Un RUXI - saúdo!!
 

domingo, 14 de abril de 2013

Unha visita moi deportiva

Ola amiguiños!!

Este venres tivemos a ocasión de recibir unha visita que poderiamos calificar como "moi deportiva", xa que ata o noso colexio se acercaron Iván González e Rubén Arce, xogadores do Clube Deportivo Ourense, para compartir cos nosos alumnos unha xornada na que dar a coñecer os valores do deporte e a importancia do traballo en equipo tanto no mundo do deporte profesional como na vida cotiá.

Os dous xogadores fixeron as delicias dos rapaces e rapazas, contestando a todas e cada unha das súas preguntas así como deténdose a firmar centos e centos de autógrafos.

Dende aquí, desexámosvos toda a sorte do mundo para o que resta de temporada e dámosvos todo o noso ánimo para que acadedes os mellores resultados e sexades un exemplo de deportividade e inspiración para moitos nenos e nenas que vos seguen.

Un RUXI - saúdo e AUPA CD OURENSE!!


domingo, 7 de abril de 2013

Xa está en marcha a HORA DE LER

Ola amiguiños!!

Esta semana acabamos de por en funcionamento a HORA DE LER, e vós vos preguntaredes: que é iso?

Pois ben, a HORA DE LER son 15 minutos que tódolos días da semana adicaremos mestres e alumnos a ler aquelo que máis nos apeteza, xa sexan contos, novelas, libros de lectura, xornais, revistas educativas, cómics... para ter un momento diario no que disfrutar da lectura polo mero feito de ler por pracer.

O horario escollido para disfrutar desta HORA DE LER será cada día despois do recreo de 12:30 a 12:45 horas. Para participar nela podedes traer da vosa casa o que desexedes ler ou, se o preferides, xa no colexio vos ofreceremos diferentes opcións.

Preparádevos para disfrutar da lectura. Un RUXI - saúdo a todos!!



miércoles, 3 de abril de 2013

Preparados todos, que chegan as MOCHILAS RUXI - VIAXEIRAS!!

Ola amiguiños!!

Temos unha nova moi especial para todos vós. Esta semana poñeremos en circulación as MOCHILAS RUXI - VIAXEIRAS correpondentes ao curso 2012/2013.
 
Haberá unha mochila en cada curso, e durante uns días cada un de vós poderedes levala para as vosas casas e disfrutar de todo canto hai dentro delas. No seu interior atoparedes un divertido libro de lectura, unha ficha de lectura dese libro, unha revista científica con un montón de contidos tremendamente RUXI - interesantes, unha película ou documental en DVD e un libro especialmente indicado para os vosos pais, nais ou demáis persoas maiores que vivan convosco.
 
Como podedes ver, dentro da mochila tedes moitos e diferentes materiais cos que poder entretervos á vez que aprender cousas novas e divertidas. Únicamente vos pedimos que por favor, coidedes e manteñandes en bo estado tanto a mochila como o que hai no seu interior para que todos os demáis nenos da vosa clase tamén poidan disfrutar dela.
 
Un RUXI - saúdo a todos e agardamos que disfrutedes moito das MOCHILAS RUXI - VIAXEIRAS!!!!