domingo, 8 de octubre de 2023

Abrimos a biblioteca!

 Estreamos curso con novos e novas axudantes de biblioteca. Este ano, o alumnado de 6º está moi ilusionado e con moitas ganas de colaborar, axudar e participar en todas as propostas que xurdan para dinamizar a nosa biblioteca.                        

                                               

Hoxe seis nenos e nenas subiron á radio a gravar unha cuña publicitaria para informar da apertura da biblioteca o próximo luns 9 de outubro.

                                   Rapazada e non tan rapazada, animádevos a visitarnos!!!



viernes, 29 de septiembre de 2023

Formación de axudantes

 O 28 de setembro o alumnado de sexto acudiu á biblioteca para un pequeno obradoiro sobre o funcionamento da biblioteca e as labores que lle corresponderían como axudantes.. 

Queredes ser axudantes?

A partir do 2 de outubro os axudantes/voluntarios aprenderán todo o relativo aos quefaceres dunha biblioteca.

                                            

Grazas pola vosa colaboración! 

martes, 26 de septiembre de 2023

Buscamos axudantes!

 

Vémonos na biblioteca!

A miña amiga policía

 O pasado 20 de setembro o alumnado de 5° e 6° de Infantil acudiu á biblioteca para aprender moitas cousiñas sobre o traballo da policía local de Barbadás. 


sábado, 23 de septiembre de 2023

Comezamos!

 

Xa estamos de volta!

O 9 de outubro abrimos as portas da nosa biblio con moitas novidades: club de lectura, club de ciencias, bibliotecas creativas…

Na semana do 25 ao 29 reunirémonos co alumnado de sexto para organizar e seleccionar axudantes que se compromentan coa apaixonante labor do bibliotecario.

Na semana do 9 ao 13 de outubro teremos unas sesións informativas sobre o funcionamento dos empréstitos e devolucións. Para que non se nos esqueza nada atoparemos cartaces por toda a biblio.

E as familias?

Tamén poderán visitar a nosa biblio en horario de tarde. Para vir coller libros en horario de 16:00 a 17:00, teredes que pedir cita no seguinte correo: bibliotecaruxidoiro@gmail.com

 Comezamos a aventura!

domingo, 11 de junio de 2023

Bibliotecas creativas

Ao longo deste curso participamos nas bibliotecas creativas a través do obradoiro    COSER E CANTAR!

Este obradoiro dividiuse en dous: un obradoiro de costura e outro de música con ukeleles.
Un día á semana o alumnado de quinto e sexto voluntario participou nestes obradoiros con moita ilusión.




Cóntame un conto!

 Durante os últimos días de xuño teremos unhas sesións de contacontos especiais pois virán á nosa biblioteca os mellores contadores de contos de tódolos tempos! 

Os nosos avós e as nosas avoas!