jueves, 19 de septiembre de 2024

Estamos de volta!

 A biblioteca do Ruxidoiro xa está de volta!

Neste mes de setembro estamos organizando e poñendo a punto este espazo para deixar voar a vosa imaxinación. 

Para toda a organización precisamos de moita axuda e quen mellor que o propio alumnado, os usuarios que logo gozarán desas lecturas nesta fantástica biblioteca!

Queredes colaborar na biblioteca? Contamos convosco!