O 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA ILUSTRACIÓN, data impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración
coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
O alumnado de 4º e 5º tivo a oportunidade de coñecer ao ilustrador e autor de GAZAFELLOS, FON.
Fonso Barreiros é un lustrador nado en Noia en 1980. Matriculouse en 2001 na escola de cómic O Garaxe Hermético, onde consegue o premio de fin de curso pola súa obra "Curuxa, a voz de Azazel"
Outros títulos que vos recomendamos, algúns deles xa os podedes coller na biblioteca!
Ademais tamén realiza varios traballos como ilustrador: publica na revista A viñeta de Schrödinger, dá clases de cómic e é o director de V de viñetas, as xornadas de cómic do Liceo de Noia.
Fonso Barreiro falou dos seus inicios de ilustrador e deunos moitos consellos e algún truquiño para debuxar. A verdade é que pasamos un bo rato tan só cun papel e lapis ademais de deixar a nosa pegada no mundo da ilustración.
Velaí tedes algunhas das nosas creacións.
Ao rematar o obradoiro algúns compañeiros e compañeiras de 5º subiron á radio acompañados do seu titor, Carlos e fixéronlle unha entrevista na que nos contou en primicia os seus traballos en proxecto. Queredes saber máis? Aquí vos deixamos a ligazón ao noso podcast "Gazafellando con Fon"