O Día Internacional da muller e a nena na ciencia foi proclamado no ano 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
E por que credes que non coñecemos tantas mulleres nos diferentes ámbitos da ciencia?Falta de recoñecemento social, obstáculos sociais, estructurais e culturais, os estereotipos de roles...
Aquí vos deixamos propostas para investigar e pescudar sobre
MULLERES NA CIENCIA.
Consideramos primordial motivar ao noso alumnado a coñecer que a ciencia non ten xénero, que as mulleres teñen moito talento que merece ser recoñecido e que... As nenas tamén son de ciencias!
Por iso realizamos obradoiros e charlas para divulgar a contribución das mulleres a mellorar o noso mundo coas súas investigacións, inventos e estudos.
Esta semana visitounos a enxeñeira aeroespacial, UXÍA GARCÍA.
Contounos todos os estudos que tivo que realizar para chegar a ser enxeñeira. Agora mesmo, está a impartir docencia en Enxeñería Aeroespacial na Universidade de Vigo compaxinando coa investigación na súa especialidade que son os satélites.
Explicounos que os sistemas e tecnoloxías espaciais desenvolven unha función determinante na nosa vida diaria. Desde as telecomunicacións, o pronóstico do tempo, a televisión, os nosos móbiles e moitos servizos clave (como o servizo de emerxencias) dependen do espazo para funcionar correctamente.
Ademais, a través das investigacións espaciais os científicos chegan a descubrimentos que se poden aplicar na noso día a día: purificador de aire, termómetro infravermello, implante coclear, próteses, monitor cardíaco, cámara do móbil, paneis solares, GPS, Raios-X, resonancia magnética, luces LED, materiais inífugos, detectores de fume...
E que mellor maneira de rematar o día cunha entrevista na radio realizada polo alumnado de 6ºB.
#aciencianontenxenero
#asmulleressondeciencias
#ciencianoruxidoiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario