jueves, 30 de octubre de 2025

Polo Samaín... conxuros para aprobar

 

Coa chegada do Samaín, os alumnos e alumnas de 5ºB  senten a emoción dun día máxico e misterioso. Non só pensan en cabazas e disfraces, senón tamén en como canalizar a enerxía destas datas para os seus obxectivos.

Nesta data elaboraron conxuros para aprobar os exames.

Eles din que cos conxuros o coñecemento se "pega" mellor. Escoitémolos!

sábado, 25 de octubre de 2025

Club de lectura de adultos

A nosa biblioteca escolar, de novo, pon en marcha o CLUB DE LECTURA DE ADULTOS aberto a toda a comunidade educativa: profesorado, familias e persoal do centro. Queremos crear un espazo de encontro no que compartir o pracer de ler e conversar sobre os libros que nos fan pensar.

Non é necesario ser un gran lector ou lectora: o importante é ter ganas de participar e disfrutar da conversa arredor dos libros.
Se vos interesa participar poñédevos en contacto coa biblioteca a través do correo electrónico: 

bibliotecaoruxidoiro@gmail.com 

Boas lecturas!
 

Contos que encantan

 

Os lingoreteiros de 2º reúnense no Día das bibliotecas, con este podcast titulado

"Contos que encantan"

Un podcast sobre os nosos contos favoritos.

                   

viernes, 24 de octubre de 2025

Un Samaín de contos

Chegou o tempo das cabazas, das meigas, dos trasnos e dos contos cheos de misterio!

Una ano máis celebramos o SAMAÍN dun xeito moi especial: lendo e imaxinando.

Hai libros con pantasmas que fan rir, con bruxas simpáticas, con monstros que se fan amigos e con misterios que podemos resolver xuntos.

Podedes convertirvos en pequenos exploradores de contos: escollendo un libro de medo ou de risa, imaxinando finais diferentes, facendo debuxos de personaxes ou mesmo creando o teu propio conto de Samaín.

Así que--- abre un conto, acende a túa imaxinación e deixa que a maxia das palabras ilumine a noite máis misteriosa do ano.

Deixamos unhas recomendacións de contos, cantigas, adiviñas... para pasar un Samaín lendo e pasando un rato terrorífico!

BOAS LECTURAS TERRORÍFICAS!

viernes, 17 de octubre de 2025

Biblioteca móbil

Este curso estamos a darlle unha nova redistribución á biblioteca. a biblioteca descansará un poquiño das vosas visitas mais os libros non queixeron quedar quietos!

Como non poderemos visitar a biblioteca, é a biblioteca a que virá ás nosas aulas!

Chega a... BIBLIOTECA MÓBIL

Serán unhas caixiñas cheas de contos, aventuras, historias e aprendizaxes. Cada aula recibirá unha selección de libros adaptados ás idades e gustos de cada grupo, para que todos e todas poidamos seguir lendo, soñando e descubrindo o mundo das palabras.

Cada caixiña viaxa polos corredores do colexio ás vosas aulas, un pequeno tesouro que tedes que coidar.

Os nenos e nenas poderedes escoller o teu libro favorito,compartir lecturas, facer recomendación s lectoras e fozar da lectura en grupo. Ademais, teredes un carné de bibliotecario e bibliotecaria para ir practicando.

A BIBLIOTECA MÓBIL chega a cada recuncho, mantendo viva a ilusión polos libros mentras esperamos poder volver á nosa biblioteca grande.






lunes, 13 de octubre de 2025

Biblioteca ao aire libro

Familias, nenos, nenas e profes xuntámonos para recitar poesía. Poemas de mulleres escritoras galegas e poemas creados nas nosas aulas.

Este mes de outubro, a nosa biblioteca énchese de vida, de palabras e de historias. Queremos celebrar dúas datas moi especiais: o Día das Mulleres Escritoras (13 de outubro) e o Día das Bibliotecas (24 de outubro). Dúas ocasións perfectas para abrir as portas, os libros e a mente… ao aire libre!


Baixo o lema “Biblioteca ao aire libro”, queremos sacar os libros fóra das paredes, deixar que respiren, e convidar a toda a comunidade educativa a redescubrir o pracer de ler e de escoitar voces femininas que nos emocionan e nos fan pensar.


 

viernes, 10 de octubre de 2025

Bibliotecas creativas

 A biblioteca comeza de novo co programa Coser e cantar. O alumnado que o desexe poderá acompañarnos na FíOTECA, un espazo para crear, reciclar  e coser.




                    Esperámosvos os luns nos recreos!

miércoles, 1 de octubre de 2025

O Noso PDI

 Un ano máis, a nosa biblioteca escolar convértese no corazón do saber compartido. Este curso iniciamos unha nova viaxe de aprendizaxe arredor dun tema que nos toca moi de preto: os montes e o seu coidado. Baixo o lema Coidamos os montes, sementamos futuro, queremos reflexionar sobre a importancia dos ecosistemas forestais, a súa biodiversidade e o papel que cada un de nós pode xogar na súa protección.

Os montes son fonte de vida, de cultura, de sustento e de beleza. A través deste proxecto documental integrado, o alumnado investigará sobre:

  • A flora e fauna autóctonas.

  • Os incendios forestais e as súas consecuencias.

  • O aproveitamento sostible dos recursos do monte.

  • As tradicións e lendas vencelladas á natureza galega.

  • As accións cotiás que podemos levar a cabo para sementar un futuro máis verde.

Desde a biblioteca iremos ofrecendo recursos, exposicións, lecturas recomendadas, actividades de investigación e encontros con persoas que traballan a prol da conservación dos nosos montes.

Convidamos a toda a comunidade educativa a participar activamente, a compartir ideas, lecturas, imaxes e experiencias que nos axuden a coidar o que é de todos. Porque cada semente de coñecemento que plantamos hoxe é unha árbore de esperanza para o mañá.