viernes, 27 de marzo de 2026

Obradoiros de experimentos

 No Club de Ciencias acabamos o trimestre cunha nova serie de obradoiros cheos de cor, descubrimentos e diversión. Nesta ocasión investigamos como se comportan diferentes materiais e que sucede cando os mesturamos. Seremos quen de separar os distintos materiais? Que utilizaríamos para separalos?

A través de experimentos sinxelos e moi visuais, os nenos e nenas puideron observar cambios de cor, texturas sorprendentes e reaccións inesperadas, aprendendo mentres xogan e experimentan.

 

Cada sesión converteuse nun pequeno laboratorio onde a curiosidade, a observación e a creatividade serán as protagonistas. Porque na ciencia… cada mestura agocha unha nova sorpresa!

Premede AQUÍ para ver o vídeo!



lunes, 9 de marzo de 2026

Recomendacións lectoras coa RuxiRadio

 Hoxe visitan a Ruxi Radio Ethel, Alba e Selma para falarnos do libro que leron no Club de Lectura, "¿Quién quiere ser el novio de mi hermana?" da autora Maite Carranza.

Escoitamos a súa recomendación sobre esta lectura.
                   

viernes, 6 de marzo de 2026

Mans na Terra!

 Esta semana no Club de Ciencias puxemos as mans na terra para descubrir o fascinante mundo das plantas. No noso obradoiro de plantación, os nenos e nenas aprenderon como sementar, coidar e observar o crecemento das plantas.

Durante a actividade falamos da importancia da auga, da luz e da terra para que as sementes poidan medrar fortes e sans. Cada participante preparou a súa propia plantación, converténdose en pequeno científico e xardineiro ao mesmo tempo.

Foi unha experiencia chea de curiosidade, aprendizaxe e contacto coa natureza, na que descubrimos que a ciencia tamén florece pouco a pouco, igual que as nosas plantas.



lunes, 2 de marzo de 2026

Recomendación do club de lectura

 Catro alumnas do Grupo 1 do Club de Lectura que remataron de ler o libro de Alicia Borrás Sanjurjo "Nata y Chocolate" veñen á radio para recomendalo a toda la comuidad educativa.