lunes, 18 de mayo de 2026

Rematamos "Sopa de Europa"

 O venres pasado o Grupo 2 do club de lectura, tivemos unha nova xuntanza, neste caso para falar do último libro que estivemos a ler "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez. 

Houbo moita disparidade de opinións, dende quen non lle gustou nada ata a quen lle gustou e resolveu os xogos de pistas que se propoñen na lectura.

Gustase ou non gustase, no que coinciden as rapazas é en que aprenderon algo de xeografía, de arte e de gastronomía de moitos países de Europa. Ao rematar de comentar o libro xogamos ao pasapalabra do mesmo.

Logo de dar por rematado este libro houbo tempo de escoller a próxima e última lectura do curso, será "Pippi Mediaslongas" de Astrid Lindgren.




Roteiros literarios

 O pasado xoves 7 de maio o Club de Lectura de Adultos tivemos unha nova xuntanza para falar das lecturas lidas e para organizar un roteiro literario por Rebordechao, lugar onde se desenvolve a trama da novela de Pedro Feijoo "Onde nacen as bestas".

Tamén falamas da novela de Óscar Reboiras "A agonía das folerpas" e organizamos outro roteiro literario, neste caso polo Xurés, que é onde se desenvolve a novela.

Ademais coñecemos a que será a última lectura deste curso, trátase do libro de Alana Portero "La mala costumbre"




sábado, 16 de mayo de 2026

Sementando nas Letras

 Na Foliada das Letras Galegas,  o noso centro encheuse de recendo a terra mollada, a vida e a futuro. Dentro do noso Proxecto Documental Integrado (PDI) "Coidamos o monte, sementamos futuro",puxemos en marcha un obradoiro moi especial: transformamos o alumnado en auténticos horteláns e hortelás.


Nesta ocasión, aprendemos a plantar as nosas propias tomateiras en macetas para poder levalas a casa e coidalas en familia. 


Cada un de vós levou unha pequena tomateira para o seu balcón ou ventá. Para que medre forte e dea os mellores tomates do barrio, lembrade estes catro consellos básicos:


Na biblioteca tedes estas recomendacións lectoras para que investiguedes máis.





lunes, 4 de mayo de 2026

Rematamos lectura co Grupo 1

 Na última xuntanza co Grupo 1 estivemos a falar do libro que a rapazada estaba a ler "Ruedas y el enigma del Campañento Moco Tendido" de Guillermo Fesser. A opinión é xeneralizada no grupo, consideran que é unha lectura que se fai bastante pesada, que o autor abusa das descripcións e que para explicar algo vaise polas ramas... non é un libro que gustase moito, todo o contrario, polo que o Grupo 1 non o recomendan aos compañeir@s.

Logo de un gran debate a rapazada decidiu escoller como seguinte lectura "El club de los raros" de Jordi Sierra i Fabra, agardemos que este libro teña máis éxito que o seu predecesor.