miércoles, 16 de octubre de 2024

CLUB DE LECTURA

 Como sabedes, esta semana abrimos a biblioteca con todas as actividades dos cursos anteriores: empréstitos, devolucións, Radio na Biblio, Club de Lectura, Bibliotecas Creativas, Club de Ciencias... e este ano queremos organizar un Club de Lectura para Adultos...

Se desfrutas coa lectura e che apetece comentar e pasar un bo momento falando de libros con outras persoas... anótate!

bibliotecaoruxidoiro@gmail.com



 

martes, 15 de octubre de 2024

Capitán Verdemán

 A semana da Educación Vial o alumnado de 6º de Educación Infantil tivo unha sesión de contacontos organizado pola Deputación de Ourense.

O CAPITÁN VERDEMÁN

Un novo superheroe chega a unha pequena cidade que vive entre moreas de lixo pola preguiza dos seus habitantes. Mais , velaí tedes ao Capitán Verdemán para rescatar a cidade e demostrar que reciclar pode ser divertido.

Queredes axudar a este superheroe a protexer o noso PLANETA e facer del un mundo mellor?

Para axudalo tedes que seguir a ruta Catalina e vir ña escola camiñando, en patinete, en bicleta, en patíns ou facendo cambadelas!  Non queremos contaminación!




   Tamén plantamos sementes. Que planta medrará? 





viernes, 11 de octubre de 2024

Día das Mulleres escritoras

 Atención! Atención! Abrimos a biblioteca o 14 de outubro!

Abrimos a nosa biblioteca a semana na que se celebra o

DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

Celebrarémolo facendo unha homenaxe a escritoras galegas que deixaron e deixan unha gran pegada nas Letras..


A nosa contribución:


Algunhas axudantes de biblioteca gravaron na radio unha cuña publicitaria para informar desta noticia.




                                A partir do 14 de outubro, na vosa visita á biblioteca 
                                                esperamos as voas aportacións!

jueves, 10 de octubre de 2024

miércoles, 9 de octubre de 2024

Visitas informativas

 Lectores e Lectoras, A ESCENA!!!

Xa chega o día!

A biblioteca abre as portas a toda a comunidade educativa.

Da semana do 14 ao 18 de outubro  @s axudantes da biblio guiarán a todos os grupos polos distintos espazos cunhas visitas informativas sobre o seu funcionamento.


As familias tamén terán o seu horario para poder realizar empréstitos e devolucións.
Luns, martes, mércores e xoves en horario de 15:30-16:30
Este curso ampliamos sección de adultos e consulta con lecturas para acompañarvos na educación dos vosos fillos e das vosas fillas.
Esperamos as vosas suxestións e recomendacións! 


lunes, 7 de octubre de 2024

Verbas para comezar o cole

 





E OS NOSOS CATIVOS DE E. INFANTIL TAMÉN QUEREN COMEZAR O CURSO PROPONDO AS SÚAS VERBAS EN GALEGO ÁS QUE ELES LLE POÑEN MÚSICA..AILALELO, AILALÁ!


En 1º ademais de buscar as palabras galegas que máis nos gustan gravámolas neste pequeno video. 




viernes, 4 de octubre de 2024

Xa temos axudantes!


Na biblioteca xa temos nov@s axudantes! 
Alumnado de 6º que comeza a súa colaboración con moita ilusión e ganas de axudar, aportar e sumar. 

                
Sabela, Gael, Ruth, Nahia, Iris, Gabriela, Aroa e Inés. 

Lola, Keila, Mara, Nico, Carla, Chloe, Noa Vila e Miranda


Noa Aroca, María, Valentina, Catalina, Coral, Diana, Noa Junco, Martín