lunes, 4 de marzo de 2013

Navega con rumbo

Ola amiguiños!!

A semana pasada, os compañeiros de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de participar nunha xornada informativa e formativa na que se abordou un tema de gran relevancia na actual "era dixital" na que nos atopamos como é a navegación segura en internet e os perigos e ameazas que ésta encerra.
 
A xornada que levaba por título NAVEGA CON RUMBO, foi impartida por Lorena Otero Cerdeira, membro do COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑEIROS EN INFORMÁTICA DE GALICIA (CPEIG), e foi desenvolta na aula de informática do noso colexio ao longo da mañá. Nela, ademáis de recibir información de gran importancia e utilidade á hora de facer uso de internet e as redes sociais, os alumnos de 5º e 6º puideron plantexar todas as súas dúbidas e inquedanzas para que fosen resoltas.
 
Dende aquí non nos queda máis que agradecer a Lorena todo canto nos ensinou, tanto a alumnos como a mestres, e lembrarche que, cando fagas uso de internet e das diferentes redes sociais, non esquezas por en prácticas todos e cada un dos consellos que Lorena nos ensinou.
 
Un RUXI - saúdo e NAVEGA CON RUMBO!!
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario