lunes, 30 de junio de 2014

Moita sorte na nova etapa que agora comezades!!

Ola amiguiños!!

A semana pasada tivo lugar no salón de actos do CEIP "O Ruxidoiro" a cerimonia de graduación dos alumnos que estiveron escolarizados en 6º de Educación Primaria e que, unha vez chegado o final de curso, temos que despedir desexándolles moitísima sorte na nova etapa escolar e persoal que comezarán a partires de agora.

Tratouse dunha cerimonia cargada de sentimento, na que recordos, lembranzas e emocións afloraron inevitablemente logo de tantas e tantas vivencias compartidas.

Dende aquí a nosa pequena homenaxe a todos e todas vós, aos que vos lembramos que as portas do CEIP "O Ruxidoiro" estarán sempre abertas para recibirvos cando queirades vir facernos unha visita.





Noraboa aos nosos graduados e graduadas e... un RUXI - SAÚDO a todos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario