martes, 28 de octubre de 2014

Ola amiguiños!!

Un ano máis está en marcha o concurso de cabazas de Halloween. Lembrámosvos que podedes participar nel todos aqueles nenos e nenas que desexedes. Para que poidades inspirarvos de cara a elaborar a vosa propia creación aquí vos deixamos un video moi ilustrativo de cómo elaborar terroríficas e arrepiantes cabazas.

Un RUXI - SAÚDO a todos e lembrade... non dubidedes non participar... e en pedirlle axuda a un adulto para evitar que poidades ter un accidente!!




Preparándonos para o Samaín!!

Ola amiguiños!!

Un ano máis, todos os nenos e nenas do colexio estanse a preparar para a chegada do Samaín. A escola está collendo un aspecto terrorífico gracias ao traballo de nenos, mestres e pais e, pouco a pouco, unha atmósfera cada vez máis aterradora está invadindo o noso colexio.

Agardamos que disfrutedes moito do Samaín que celebraremos este curso na escola e animámosvos a todos a participar nas diferentes actividades programadas.

Un RUXI-SAÚDO a todos!!


martes, 14 de octubre de 2014

Que é AbalarMóbil?

Ola amiguiños!!

Neste curso, e continuando coa implantación iniciada o curso pasado no noso colexio, todas as familias teñen a posibilidade de incorporarse e formar parte do proxecto Abalar a través da aplicación AbalarMóbil.

Trátase dunha aplicación que lle vai permitir ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil  ou a través dunha tablet dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. 

As familias que descarguen AbalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

Para máis aclaracións, a Consellería de Educación ten a disposición de toda a comunidade educativa os seguintes recursos nos que se ofrece toda a información precisa sobre AbalarMóbil.

Un RUXI - SAÚDO  a todos!!


PULSAR AQUÍ