Para que vos vaiades animando un pouquiño máis, aquí vos deixamos un video da canción "O Samaín" do grupo musical Mamá Cabra. polos compañeiros da biblioteca do CEIP Mestres Goldar. Preparados? Sí? Pois a mover o esqueleto!!
Un RUXI - SAÚDO!!
A nosa biblioteca está en obras polo que permanecerá pechada ata que rematemos de facer o traslado e poñela a punto. Ademais, aproveitaremos para podermos reorganizar o fondo bibliográfico do que dispoñemos, así como para por en marcha o proceso de seleción e formación dos novos bibliotecarios e bibliotecarias que colaborarán na apertura e funcionamento da mesma.
Esta semana os compañeiros de 6º de Educación Primaria terán a posibilidade de viaxar no tempo uns 2000 anos aproximadamente, para visitar unha época remota da nosa historia coñecida co nome de época castrexa.![]() |
| PULSAR AQUÍ |
Como ben sabedes, esta semana estamos inmersos nas actividades relacionadas co Día de Rosalía que se conmemora na data de mañá, día 24 de Febreiro. Así, ademáis das diferentes actuacións que se levarán a cabo na Casa de Cultura do Concello de Barbadás e, das cales xa vos deixamos o programa anteriormente, queremos tamén presentarvos a continuación unha actividade LIM creada polo EDNL do CEIP "Campolongo" de Pontevedra que, gratamente vos recomendamos pola súa claridade e calidade, e que vos permitirá coñecer un pouco mellor a temática abordada por esta gran e ilustre figura da literatura e cultura galegas ao longo da súa valiosa obra.![]() |
| PULSAR AQUÍ |
Como ben sabedes, dentro duns días celebrarase en todo o mundo unha data moi importante e significativa: Día da Paz e da Non Violencia. Así, o vindeiro 30 de Xaneiro, milleiros de estudantes e colexios de todo o mundo celebrarán esta data coa finalidade de intentar fomentar a tolerancia, a amizade, o diálogo e o entendemento entre as diferentes razas, relixións e culturas que poboan o noso planeta.