Ola amiguiños!!

Como ben sabedes, esta semana estamos inmersos nas
actividades relacionadas co
Día de Rosalía que se conmemora na data de mañá, día
24 de Febreiro. Así, ademáis das diferentes
actuacións que se levarán a cabo na Casa de Cultura do Concello de Barbadás e, das cales xa vos deixamos o programa anteriormente, queremos tamén presentarvos a continuación unha
actividade LIM creada polo
EDNL do CEIP "Campolongo" de Pontevedra que, gratamente vos recomendamos pola súa claridade e calidade, e que vos permitirá coñecer un pouco mellor a temática abordada por esta gran e ilustre figura da literatura e cultura galegas ao longo da súa valiosa obra.
Agardamos que vos guste e, de paso, felicitamos aos compañeiros do CEIP "Campolongo" polo seu traballo.
Un
RUXI - SAÚDO a todos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario