lunes, 19 de febrero de 2024

Rematamos "Plan de rescate" co grupo 1

 Como cada venres houbo unha nova reunión do Club de Lectura, nesta ocasión o Grupo 1. Rematamos de ler o libro "Plan de rescate" da autora Antía Yáñez.

A rapazada falou moi ben desta lectura, gustoulles moito e a maioría coincide en que foi o mellor libro lido ata o de agora no Club de Lectura.

                         

Ao rematar o debate sobre esta lectura, como xa ven sendo habitual, a coordinadora do Club de Lectura fíxolles aos participantes un "Pasapalabra" sobre o libro, pasámolo moi ben!

                          

Una alumna participante do Club de Lectura fixo un traballo sobre este libro, unha vez máis Noa Gil impresionanos co seu traballo.

Que marabilla Noa!

Quedamos abraiados coa dedicación e ilusión coa que sempre nos sorprendes. Parabéns Noa!

Alba, Martina, Álvaro e Laura subiron á radio para falarnos deste libro...

Grazas a Aixa que foi quen levou a batuta desta conversa!                                    

Morriña de Rosalía

Actividades e recursos sobre esta increíble autora. Premede na imaxe:



Para lembrar a Rosalía e levala preto do corazón os equipos de dinamización da lingua e biblioteca ofertan un obradoiro de chapas. Animádesvos a participar?

jueves, 1 de febrero de 2024

Día da ciencia da muller e da nena

  
                                    11 de febreiro: AS MULLERES TAMÉN SOMOS DE CIENCIAS!

Foi proclamado no ano 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas. E por que credes que non coñecemos tantas mulleres científicas? 

Será porque as mulleres tiveron máis dificultades de acceso á educación? 
Algunhas ata se tiveron que disfrazar de homes para poder estudar nas universidade!
Aquí vos deixamos propostas para investigar e pescudar sobre mulleres científicas. 

Coñecedes o efecto Matilda?  #NOMOREMATILDAS



Na biblioteca atoparedes lecturas diversas  sobre mulleres na ciencia.

                                                    #oxéneronontentalento
                                       #todasasmentescontan

Ao longo da historia, moitas mulleres fixeron importantes descubrimentos en campos como a medicina, a física, a bioloxía, a tecnoloxía ou as matemáticas. Porén, en moitos casos o seu traballo foi invisibilizado ou non recibiu o recoñecemento que merecía. Hoxe sabemos que a ciencia non entende de xénero: entende de curiosidade, esforzo, creatividade e ganas de descubrir.

Este día recórdanos a importancia de ofrecer as mesmas oportunidades a nenos e nenas para explorar, investigar e soñar con ser científicas e científicos. É fundamental fomentar vocacións científicas desde idades temperás, romper estereotipos e mostrar referentes femininos que inspiren ás novas xeracións.

Na nosa escola apostamos por unha educación na que todas as mentes contan. Animamos ao alumnado a facer preguntas, a investigar e a confiar nas súas capacidades, sen límites nin etiquetas. Queremos que as nenas saiban que poden chegar tan lonxe como desexen e que a ciencia tamén é o seu lugar.

Neste 11 de febreiro celebramos ás mulleres que abriron camiño, ás que investigan hoxe e ás nenas que serán as científicas do mañá. Porque sen igualdade non hai ciencia, e sen ciencia non hai futuro.