Esta semana o alumnado de 6º de Educación Primaria visitou a Biblioteca Pública "Nós" en Ourense. Foi una actividade organizada polo Club de Lectura da Biblioteca do noso colexio en colaboración coa Biblioteca Pública "Nós".
Fixemos unha visita guiada por todas as instalacións da Biblioteca.
Logo Cristina, a encargada da Biblioteca "Nós", explicounos o funcionamento da mesma.
E para rematar participamos nun xogo de pistas buscando libros polos andeis.
Resultou moi divertido!
Foi unha visita moi interesante, amena, divertida e superrecomendable. Agradecemos a Cristina e a todas as persoas que traballan na "Nós" pola boa acollida e o trato recibido. Moitas Grazas!
Aproveitamos esta visita a Ourense para traballar determinados lugares de relevancia da cidade. Por grupos, o alumnado preparou unha exposición dos seguintes lugares de Ourense.
- Catedral de Ourense e Praza do Trigo.
- Praza da Magdalena.
- Igrexa de Santa María Nai.
- Praza Moior/ Concello de Ourense.
- As Burgas.
Recomendamos esta visita a toda a Comunidade Educativa do noso centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario