lunes, 17 de junio de 2024

Despedida do Ruxi Club!

 Hoxe, logo de varios intentos fallidos por mor das moitas actividades programadas para este remate de curso, conseguimos reunirnos os dous grupos do Club de Lectura.

Foi unha xuntanza especial, rematamos de ler o libro de Miguel López, "El Hematocrítico", "Dona Problemas", unha lectura divertida, orixinal e moi rápida. Comentamos o libro que, en xeral, gustou moito, houbo quen se sentiu identificado/a coa protagonista, recordamos as visitas, no curso pasado, de "El Hematocrítico" e despedímonos, por este curso, do Club de Lectura.

Como estamos xa preto do verán e o alumnado que participa no Club de Lectura marcha do cole, a coordinadora quixo agasallar a cada participante cun diploma pola súa constancia, interese e participación ao longo do curso e para que se leven un bo sabor de boca, XEADOS para o Ruxi Club!




No hay comentarios:

Publicar un comentario