Seguindo co noso proxecto RUXIARTE e como este mes está adicado á ASTRONOMÍA, na biblioteca do Ruxidoiro celebramos este mes da ciencia en galego con lecturas sobre a ciencia do día a día e o coñecemento do universo.
Ademais queremos facer un pequeno homenaxe á astrónoma
ANTONIA FERRÍN MOREIRAS, A CONTADORA DE ESTRELAS
primeira muller en defender unha tesis doctoral en astronomía no estado español.
Estudou tres carreiras de ciencias ( Química, Ciencias Exactas e Maxisterio pola especialidade de Matemáticas) e, ademais de docente na facultade de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, realizou numerosas investigacións no Observatorio Astronómico da USC.
Se queredes saber máis premede na imaxe
Deixamos unhas recomendacións lectoras que podedes atopar na nosa biblioteca:
Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o microondas? Estas son algunhas das preguntas ás que responde A ciencia do día a día, un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira. Queres saber se un robot pode ter sentimentos? Queres saber por que estoupan os flocos de millo? Este libro explica, de xeito moi breve e sinxelo, moitos feitos da ciencia que nos acompañan na nosa vida diaria. Un libro para aprender... divertíndote.
Estrelas galegas da ciencia é un libro ilustrado, de ton divulgativo e divertido, que explica a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos.
Na biblioteca realizamos experimentos e coñecemos algunhas mulleres que inventaron ou descubriron importantes hitos da historia:
- Émile Benedictus, que inventou o parabrisas en 1910.
- Melitta Bentz inventou o filtro de café.
- Lizzie Magie inventou un xogo sobre que o que se creou o Monopoly.
- Amanda Jones inventou o envasado ao baleiro.
- Josephine Cocraine inventou o lavavaixelas.
Deixamos unha pequena mostra dos experimentos na biblioteca. Premede na imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario