Un venres máis houbo xuntanza do Club de Lectura, nesta ocasión co Grupo 1.
As alumnas remataron o libro que estabamos a ler, "Escarlatina, a cociñeira defunta" da autora Ledicia Costas. Estivemos a comentar a lectura, as personaxes, a trama, as receitas... e ao rematar fixemos un taller de cociña intentando imitar aos protagonistas da novela.
Pasámolo moi ben, foi moi divertido.
Entre degustación e degustación as rapazas escolleron a próxima lectura,
"Unha veciña de película" de Iria Misa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario