martes, 17 de marzo de 2020

RUXI RETOS

Nenos e nenas do Ruxidoiro: ATENCIÓN!
                                              Resultado de imagen de altavoz emoji
Queredes estar conectad@s con nós e cos vosos compañeiros e compañeiras participando nos retos solidarios que imos propoñer?
Cada semana imos lanzar un Ruxi Reto. Seguide as instrucións e ao finalizar a semana publicaremos unha sorpresiña con todas as vosas aportacións.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

RUXI RETO 1: MENSAXE SOLIDARIO
Hai un bechiño moi rebelde que anda circulando sen  permiso pola rúa. É moi sociable e gústalle quedar onde hai xente pero cando chega onde nós non nos deixa en paz. Fainos tusir, ter febre e parece coma se nos faltara o aire. Chámase Coronavirus e non nos gusta que quede entre nós. Temos que botalo fóra!
A mellor medicina para combatilo é quedar en casa, cumprir as instrucións que nos indican as autoridades sanitarias e axudar á nosa familia no que nos pidan.
Pero, non todos podemos quedar en casa! Hai moitos profesionais que están a facer un gran esforzo para os demais: o persoal sanitario que coida de nós, o persoal que traballa nos supermercados, transporte, tendas, o persoal de limpeza, policías, garda civil, bombeiros, persoal de asistencia á maiores e dependentes...
E moitos máis que nos fan a vida máis doada e máis segura.
Este persoal necesita do noso apoio e como non podemos saír ás rúas imos facer o noso reto en casa. Teñen que saber que os apoiamos e que estamos agradecidos pola seu esforzo.
Comezamos!
1.- Debuxa un arco da vella e escribe unha mensaxe de apoio. (despois pode quedar pegado na ventá da túa habitación como mostra de apoio)
2.- Podes enviar o teu debuxo ou ben gravar un pequeno vídeo amosando a túa obra de arte e dicindo a túa mensaxe engadindo #euquedonacasa.
Por exemplo: Grazas pola vosa labor. Eu quedo na casa
3.- Enviar o teu vídeo, debuxo a este correo do cole:
Indica o teu nome e apelidos e o curso e autorización das vosas familias para publicalo.
 Lembrade que todos os días ás 20:00h saímos aos balcóns, ás ventás a aplaudir para amosar o noso agradecemento.

ESPERAMOS AS VOSAS MENSAXES.
NO RUXIDOIRO SOMOS SOLIDARIOS!
#RUXIDOIROSOLIDARIO
#EUQUEDONACASA

No hay comentarios:

Publicar un comentario