domingo, 7 de junio de 2026

Lumiñas e o monte dos Castros

 O noso alumnado de 2º de Educación Primaria converteuse en cineasta por uns días. No marco do Proxecto Documental Integrado (PDI) da biblioteca deste ano, titulado "Coidamos dos montes, sementamos futuro", as nenas e nenos crearon unha curtametraxe de animación desde cero.

O resultado é unha traballo audiovisual que nos convida a reflexionar sobre a importancia de protexer a nosa contorna natural.
Un proxecto de ANIMACIÓN EN VOLUME (STOP-MOTION) require paciencia, traballo en equipo e moita imaxinación. O alumnado pasou por todas as fases dunha produción real:
O guión: Inventaron unha historia orixinal centrada no coidado dos nosos montes, en especial do Monte dos Castros, no concello de Barbadás.
Os personaxes e o escenario: Modelaron con plastilina e materiais reciclados todos os elementos do conto e trouxeron da casa unhas figuriñas de madeira para os protagonistas do conto.


A rodaxe: Foto a foto, movendo os elementos milímetro a milímetro, deron vida
á historia.
A dobraxe: Gravaron as súas propias voces para narrar as aventuras e poñerlle son aos personaxes. 


Esta actividade non só serviu para aprender unha técnica artística e tecnolóxica fascinante. O obxectivo principal foi conectar a creatividade coa mensaxe do noso PDI: entender que o futuro dos nosos montes depende das accións que fagamos hoxe. E vaia se o captaron!
Queremos felicitar a todos os artistas de 2º polo seu esforzo, ilusión e polas horas de traballo en equipo que hai detrás de cada segundo de vídeo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario