Ruxi Club de lectura

REMATAMOS "O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA"

O venres 18 de febreiro reunímonos de novo o Ruxi Club para dar por rematado o libro que estabamos a ler, "O elefante dunha soa orella" de Xosé Henrique Rivadulla Corcón.

Foi unha sesion moi emotiva xa que o libro así nolo pareceu, os rapaces e rapazas falaron do que a lectura deste libro lles fixo sentir. Tamén falamos da vida e da enfermidade e de como poder afrontar e aceptar as dificultades que imos atopando polo camiño. Sen dúbida, un libro moi recomendable.

Tamén acordamos a lectura do próximo libro, será "Plan de Rescate" de Antía Yáñez.


Nova lectura para o Ruxi Club!

O pasado venres 4 de febreiro reuniuse o Ruxi Club para retomar a lectura, nesta ocasión comezamos un novo libro, "O elefante dunha soa orella" do autor Xosé Henrique Rivadulla Corcón.

Estableceuse un calendario para as próximas reunións e, entre todos e todas, acordamos desdoblar o Ruxi Club constituíndo así dúas quendas para poder aproveitar e disfrutar máis e mellor as reunións do Club de Lectura.



Comezamos o 2º trimestre cunha nova reunión do Ruxi Club. Despois das vacacións de Nadal, tíñamos acordado rematar o libro que estábamos a ler, "El Club de los Raros" do escritor catalán Jordi Sierra i Fabra.

O sentir xeral do Ruxi Club con respecto a este libro é que gustou moito, transmite moitos valores e fai reflexionar sobre as diferenzas (ou non) entre as persoas.

Aproveitamos para xogar ó Pasapalabra de "El Club de los Raros", pasámolo xenial!!!

   _________________________________________

O Club de lectura visita a Ruxi Radio

Para dar por rematado o primeiro libro que lemos no Ruxi Club, unha pequena representación dos nenos e nenas que forman o Club de Lectura visitaron a Ruxi Radio e gravaron un podcast no que nos falan do libro "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey.


   __________________________________________

Rematamos o trimestre cun pequeno agasallo aos participantes do Club de Lectura.

Agardamos cervos no Ruxi Club á volta das vacacións ⛄🤗

Bo Nadal! Felices festas!

Felices lecturas compartidas no 2022!🎉



 O Ruxiclub de lectura reuniuse de novo! 

Está a gustar moito o libro:  El Club de los Raros 


Xa comezamos o noso 
club de lectura

Temos máis participantes do esperado así que faremos grupiños. O noso primeiro libro foi Ás de mosca para Anxo de Fina Casalderrey. Encantounos!!
Entre todos e todas as participantes decidimos a nosa próxima lectura: El Club de los raros de Jordi Sierra i Fabra. Escollémolo porque este libro está adaptado ao sistema de Lectura Fácil: un modo de facer a lectura accesible a disferentes tipos de necesidades.
A historia vai sobre Hugo que é tatabexo e o seu amigo, Bernardo, que é disléxico. Os dous amigos deciden formar un club para defenderse dos que fan mofa deles. Pouco a pouco, van chegando máis compañeiros e compañeiras a este club. Como acabará? Quen se unirá ao club? 
Vémonos no Ruxi Club de lectura!





Entre as actividades que este ano se organizan dende a biblioteca do CEIP "O Ruxidoiro" retomamos o noso Club de Lectura de 6º.

No noso Ruxi Club de Lectura podedes participar todo o alumnado de 6º.

Se vos gusta ler e ademáis facelo con amig@s, nin o dubidedes!!! Preguntádelle e apuntádevos xa!!!





ENLACE PARA PARTICIPAR NA SECCIÓN DO CLUBE DE LECTURA "PASENIÑO"

ENTRA PULSANDO AQUÍ

















1 comentario:

  1. Hola son Alba de 5º querría dicir que me encanta o clube de lectura, espero que siga sendo así de divertido-un ruxi saúdo da vosa compañeira Alba.

    ResponderEliminar